O contrabaixo é un instrumento musical de corda fretada que pertence á familia do violín, sendo o instrumento máis grande e co rexistro máis grave de entre todos os desta familia. Ten catro cordas que, ao contrario do que ocorre con tódolos demais instrumentos da familia, afínase por cuartas ascendentes e non por quintas ascendentes, sendo a afinación das mesmas de grave a agudo Mi, La, Re e Sol, aínda que tamén existen contrabaixos de cinco cordas nos que se engade unha corda máis grave que a cuarta afinada en Do ou Si. Xeralmente emprégase un arco para fregar as cordas e facelas vibrar, o que produce o son, se ben tamén se poden puntear as cordas cos dedos (pizzicato).