Bombardino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bombardino
Bombardino
Información
Clasificación
  • Instrumento de vento-metal
  • Tesitura
    Instrumentos relacionados
  • Trombón
  • Tuba
  • Tuba Wagner
  • Trompa
  • Saxofón barítono
  • Fliscorno
  • O bombardino[1] é un instrumento pertencente á familia do vento metal, con tubaxe cónica e con voz na extensión de barítono-tenor. Tamén chamado eufonio, cuxo nome deriva do grego antigo εὔφωνος (euphōnos),[2] que quere dicir «son agradable» ou «voz doce», derivado de eu (ben, suave, tranquilo) e phonos (son, voz). Aínda así, o primeiro nome é o máis común. O bombardino é un instrumento con pistóns ou con válvulas rotatorias. O son prodúcese pola vibración dos beizos do intérprete na parte denominada boquilla a partir da columna do aire (fluxo do aire).

    Construción[editar | editar a fonte]

    Un bombardino (esquerda) e unha tuba (dereita), os dous instrumentos máis graves con construción cónica.

    O bombardino está construído en Si bemol de concerto, é dicir, que ó non premer ningún pistón, o bombardino reproducirá notas harmónicas de Si bemol. En América Latina e América do Norte, a música para bombardino escrívese en clave de fa en tonalidade de concerto (é dicir, sen transportar), pero na música para bandas de concerto ou bandas sinfónicas, é común que as partes do bombardino estean escritas en Clave de Sol, transportando cara a baixo unha novena maior. Na tradición europea das bandas de metais, principalmente no Reino Unido, a música para bombardino tamén se escribe dese xeito. Porén, no continente europeo as partes para bombardino están escritas en Clave de Fa pero unha segunda maior máis aguda que o ton do son.

    Os modelos profesionais inclúen o xogo dos tres pistóns de acción superior máis un cuarto pistón, que normalmente se atopa na metade do espazo cara a baixo na terceira bomba de afinación. Os modelos para principiantes só teñen tres pistóns e os modelos intermedios para estudantes teñen catro pistóns de acción superior.

    O bombardino ten un rexistro extenso, as notas máis graves que se poden obter dependen do xogo de pistóns que teña o instrumento. Todos os tipos de bombardino chegan ben até o Mi que está unha liña adicional por baixo do pentagrama, pero os instrumentos de catro pistóns poden chegar até o Dó que está embaixo de todo do pentagrama. Os instrumentos sen sistema de compensación padecen de desafinación do Mi bemol baixo até o Dó. Os instrumentos con sistema de compensado non padecen estes problemas e chegan até o Dó. Dende o Si bemol baixo, a Clave de fa cara a adiante, está no "rexistro pedal". É máis facilment producido no bombardino en comparanza con outros instrumentos de vento metal. A nota máis grave producida nos instrumentos con sistema de compensado é BBB, seis liñas baixo a clave de Fa. Como todos os outros instrumentos de tubo cónico, o fliscorno, a trompa e a tuba, o tubo do bombardino medra gradualmente en diámetro, facendo un son xentil e suave comparado co doutros instrumentos de tubo cilíndrico como a trompeta ou o trombón. A dixitación no bombardino é a mesma que na trompeta ou na tuba.

    Modelos máis populares[editar | editar a fonte]

    De esquerda a dereita, trompa alto, bombardino barítono e bombardino.

    Os modelos profesionais de bombardino máis populares no Reino Unido son o Besson Prestige e o Sovereign. Os máis populares nos Estados Unidos son o Wilson 2900 e i 2950. Nos dous casos, estes modelos acadaron popularidade grazas ó uso e a publicidade que fixeron deles profesores e bombardinistas respectados; en Gran Bretaña, Steven Mead e en América, Brian Bowman. Nos últimos anos, o modelo Yamaha YEP-842 gañou moita popularidade grazas a Adam Frey.[3] Aínda máis recentmente, Demondrae Thurman traballou con Miraphone para desnvolver un modelo novo chamado Ambassador 5050. Outros modelos profesionais de bombardino populares son o Yamaha 642, o Hirsbrunner Standard, Exclusive e Stealth, o Sterling Virtuoso e os Meinl-Weston 451 e 551’.

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bombardino.
    2. "Euphonium". Merriam-Webster. Consultado o 26 de maio de 2012. 
    3. http://www.euphonium.com

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Bibliografía[editar | editar a fonte]

    • Lloyd E. Bone, Eric Paull, R. Winston Morris: Guide to the euphonium repertoire: the euphonium source book, Indiana University Press, 2007. 589 p., ISBN 978-0-253-34811-1

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]