Instrumento de vento-metal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Instrumentos de vento-metal")

O vento metal é unha das dúas familias de vento que forman parte dunha orquestra (vento madeira e vento metal).

Características[editar | editar a fonte]

A característica principal dos instrumentos de vento metal é que o son se produce mediante a vibración dos beizos do intérprete na boquilla, e constan dun tubo de aliaxe de latón que remata cunha forma de campá ou pavillón para que o son se expanda con máis potencia.

Estes instrumentos tamén contan cunha serie de válvulas (ben poden ser pistóns ou cilindros) para cambiar a dirección do aire polo tubo e así mediante a colocación dos beizos na boquilla, a presión do aire e a dixitación destas válvulas, poder dar diferentes notas.

Os instrumentos de vento metal están formados por unha aliaxe de latón e normalmente son rematados con galvanizados de prata, ouro, níquel, ou cobre.

Instrumentos de vento metal[editar | editar a fonte]

Pertencen á familia de vento metal os seguintes instrumentos: