Dinamo Sassari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dinamo Sassari
Dinamo Sassari.jpg
Información xeral
Nome Dinamo Basket Sassari
Liga LBA / BCL
Alcume Banco, Biancoblu
Fundación 1960
Cores           Azul, branco
Presidente Italia Renato Villalta
Adestrador Macedonia do Norte Zare Markovski
Patrocinador Banco di Sardegna
Localización
Cidade Italia Sassari, Italia
Pavillón PalaSerradimigni
Capacidade 5.000
Inauguración 1981
Campionatos
Liga Italia 1 (2015)
Copa Italia 2 (2014, 2015)
Supercopa 1 (2014)
dinamobasket.com

O Dinamo Sassari, actualmente coñecido como Banco di Sardegna Sassari por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Sassari, Sardeña. O Dinamo foi fundado en 1960 e, desde 2010, compite Serie A, máxima categoría do baloncesto transalpino. O seu maior éxito chegou no ano 2015 coa 2015 consecución do seu primeiro campionato de liga. O Dinamo Sassari é famoso por ser o club italiano que máis puntos anotou nun só partido sen prórrogas con 158. Foi nun partido correspondente a temporada regular 1994–95 da Serie A2 (2ª División) contra o Pallacanestro Pavia, que anotou 91.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo foi fundado no ano 1960 por un grupo de estudantes da localidade, aínda que non foi até 1963 cando comezou a disputar competicións rexionais. En 1966 alcanza por fin a categoría nacional (Serie C) e en 1981 chega á Serie B. En 1989 accede á Serie A2, onde permanece até o ano 2000, cando volve descender á Serie B. Tras tres anos na terceira categoría do baloncesto italiano, regresa á A2.

Tras estar moi preto de conseguir o ascenso á Serie A na tempada 2008-09 na que caeu derrotado no play-off final ante Vanoli Soresina por 3-1, a temporada seguinte conseguiu obter unha praza para poder participar por primeira vez na súa historia na máxima categoría do baloncesto italiano de cara á tempada 2010/11. No 2014 logrou a Copa de Italia e a Supercopa de Italia, pasando a competir na Euroliga. Na tempada 2014-15 continúa a progresión ao consagrouse campión da Liga ademais de gañar a súa segunda Copa.

Patrocinadores[editar | editar a fonte]

Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nombres ao longo da súa historia:

  • Banco di Sardegna Sassari (1992−2005, 2006−2010, 2011−presente)
  • Banca Popolare Sassari (2005−2006)
  • Dinamo Ford Sassari (2010−2011)

Palmarés[editar | editar a fonte]

(1): 2014-15
  • Copa de Italia
(2): 2014, 2015
  • Supercopa de Italia
(1): 2014

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "B. Sardegna Sassari 158 - 91 Pall. Pavia". Lega Basket. 2 de febreiro de 1995. Consultado o 8 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]