New Basket Brindisi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Happy Casa Brindisi
Información xeral
Liga LBA
Alcume Stella del sud
Fundación 1992
Historia New Basket Ceglie (1992–2004)
Cores           Branco, azul
Presidente Italia Fernando Marino
Adestrador Italia Francesco Vitucci
Patrocinador Happy Casa
Localización
Cidade Italia Brindisi, Italia
Pavillón PalaPentassuglia
Capacidade 3 534
Inauguración 1981
newbasketbrindisi.it

O New Basket Brindisi, actualmente coñecido como Happy Casa Brindisi por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Brindisi, Puglia. Fundado en 1992 como sucesor dos equipos de baloncesto da localidade, actualmente compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto transalpino.

Historia[editar | editar a fonte]

Antes da fundación do New Basket Brindisi, na localidade xogaba, entre outros, o Libertas Brindisi, o cal consegue acadar a Serie A2, segunda categoría do baloncesto italiano, en 1974. Na categoría de prata permanece durante tres temporadas, non regresando a ela até 1980. Desta vez a historia foi disitinta, e o equipo consegue acadar en tan só un ano o ascenso á Serie A. Porén, descende tras só un ano na elite do baloncesto transalpino ao acabar en último lugar.

O Libertas Brindisi disólvese no ano 2003, regresando ao ano seguinte co nome de New Basket Brindisi. O club parte da Serie B2, ascendendo ao ano seguinte á Seire B1 e en 2008 á LegaDue. Aínda que na súa primeira temporada acaba no duodécimo posto. Na temporada 2009−10 conseguen o primeiro posto e regresan á Serie A, aínda que ao igual que no seu momento o Libertas, tan só duran un ano. NA temporada 2011–12 o club regresa á Serie A, mais esta vez conseguen a permanencia, clasificándose de feito para os Playoffs polo título en 2013–14 e 2014–15. Isto sérvelle para debutar en competicións europeas, chegando aos cuartos de final no EuroChallenge de 2015 e caendo na fase de grupos da Eurocup en 2016.

Patrocinadores[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Prefabbricati Pugliesi Brindisi (2004-2008)
  • Enel Brindisi (2008–2017)
  • Happy Casa Brindisi (2018–presente)

Temporada a temporada[editar | editar a fonte]

Ano Liga Copa Europa
Nivel Liga Pos. Playoff Nivel Resultado Nivel Liga Resultado
2009–10 2 LegaDue 1 2 Subcampión
2010–11 1 Serie A 16 Descenso Decrecente -
2011–12 2 LegaDue 3 Subcampións Crecente (crecemento) 2 Campión
2012–13 1 Serie A 12 -
2013–14 1 Serie A 5 Cuartofinalista 1 Semifinalista
2014–15 1 Serie A 6 Cuartofinalista 1 Semifinalista
3
EuroChallenge CF
2015–16 1 Serie A 10 -
2
Eurocup FG
2016–17 1 Serie A 9 -
2017–18 1 Serie A 14 -
2018–19 1 Serie A 5 Cuartofinalista 1 Subcampión
2019–20 1 Serie A - 1 Subcampión
3
Champions League FR
2020–21 1 Serie A 2 Semifinalista 1 Semifinalista
3
Champions League PO
2021–22 1 Serie A 11 1 Cuartofinalista
3
Champions League FR

Palmarés[editar | editar a fonte]

Competicións domésticas[editar | editar a fonte]

  • Segunda División de Italia
    • Campións (1): 2010

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]