Dinamo Sassari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dinamo Basket Sassari»)
Dinamo Sassari
Información xeral
Nome Dinamo Basket Sassari
Liga LBA / BCL
Alcume Banco, Biancoblu, Giganti
Fundación 23 de abril de 1960
Cores           Azul, branco
Presidente Italia Stefano Sardara
Adestrador Italia Piero Bucchi
Patrocinador Banco di Sardegna
Localización
Cidade Italia Sassari, Italia
Pavillón PalaSerradimigni
Capacidade 5 000
Inauguración 1981
Campionatos
FIBA Europe Cup 1 (2019)
Liga Italia 1 (2015)
Copa Italia 2 (2014, 2015)
Supercopa 2 (2014, 2019)
dinamobasket.com

O Polisportiva Dinamo, máis coñecido como Dinamo Sassari e por motivos de patrocinio chamado Banco di Sardegna Sassari, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Sassari, Sardeña. O Dinamo foi fundado en 1960 e, desde 2010, compite Serie A, máxima categoría do baloncesto transalpino. O seu maior éxito chegou no ano 2015 coa 2015 consecución do seu primeiro campionato de liga. O Dinamo Sassari é famoso por ser o club italiano que máis puntos anotou nun só partido sen prórrogas con 158. Foi nun partido correspondente a temporada regular 1994–95 da Serie A2 (2ª División) contra o Pallacanestro Pavia, que anotou 91.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo foi fundado no ano 1960 por un grupo de estudantes da localidade, aínda que non foi até 1963 cando comezou a disputar competicións rexionais. En 1966 alcanza por fin a categoría nacional (Serie C) e en 1981 chega á Serie B. En 1989 accede á Serie A2, onde permanece até o ano 2000, cando volve descender á Serie B. Tras tres anos na terceira categoría do baloncesto italiano, regresa á A2.

Tras estar moi preto de conseguir o ascenso á Serie A na tempada 2008-09 na que caeu derrotado no play-off final ante Vanoli Soresina por 3-1, a temporada seguinte conseguiu obter unha praza para poder participar por primeira vez na súa historia na máxima categoría do baloncesto italiano de cara á tempada 2010/11. No 2014 logrou a Copa de Italia e a Supercopa de Italia, pasando a competir na Euroliga. Na tempada 2014-15 continúa a progresión ao consagrouse campión da Liga ademais de gañar a súa segunda Copa.

Patrocinadores[editar | editar a fonte]

Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Banco di Sardegna Sassari (1992−2005)
  • Banca Popolare Sassari (2005−2006)
  • Banco di Sardegna Sassari (2006−2010)
  • Dinamo Ford Sassari (2010−2011)
  • Banco di Sardegna Sassari (2011−presente)

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

FIBA Europe Cup

  • Campións (1): 2019

Liga de Italia

  • Campións (1): 2015
  • Subampións (1): 2019

Copa de Italia

  • Campións (2): 2014, 2015
  • Subampións (1): 2017

Supercopa de Italia

  • Campións (2): 2014, 2019

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "B. Sardegna Sassari 158 - 91 Pall. Pavia". Lega Basket. 2 de febreiro de 1995. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2017. Consultado o 8 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]