Pallacanestro Virtus Roma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Virtus Roma
Pallacanestro Virtus Roma supporters.jpg
Información xeral
Liga Serie A2 (2ª División)
Fundación 1960
Cores           Vermello, amarelo
Presidente Italia Claudio Toti
Adestrador Italia Guido Saibene
Patrocinador Acea
Vestimenta Joma
Himno Amico devi crederci
Localización
Cidade Italia Roma, Italia
Pavillón Palazzetto dello Sport
Capacidade 3.500
Inauguración 1960
Campionatos
Euroliga 1 (1984)
Copa Korać 2 (1986, 1992)
Liga Italia 1 (1983)
Supercopa 1 (2000)
virtusroma.it

O Pallacanestro Virtus Roma, coñecido popularmente e por motivos de patrocinio como Virtus Roma, é un club profesional de baloncesto italiano con sede na cidade de Roma, capital do país. Actualmente xoga na Serie A2, a segunda categoría do baloncesto transalpino. O momento máis histórico do club foi a consecución da Copa de Europa (actual Euroliga) en 1984. Entre 1983 e 2000 e entre 2003 e 2012 o equipo diputaba os seus partidos como local no PalaLottomatica, con capacidade para 11.200 espectadores. Con todo, actualmente xoga no Palazzetto dello Sport, que pode acoller a 3.500 seareiros.

Historia[editar | editar a fonte]

A Vitus Roma gañou o seu primeiro e único título da Liga Italiana na temporada 1982−83. Na súa historia cabe destacar a Copa de Europa - como Banco dei Roma - que gañou na tempada 1983−84 na final disputada en Xenebra contra o FC Barcelona. Na final destacaron o base Larry Wright, e os pivotes Clarence Kea e Enrico Gilardi, nun equipo que adestraba Valerio Bianchini. Posteriormente en 1984 venceu na Copa Intercontinental e a Copa Korać en 1986 e en 1992. Nos anos 90 cambiou o nome por Messaggero e incorporou a xogadores como Dino Rađa, Michael Cooper e Roberto Premier. En 2000 venceu a Supercopa de Italia (o seu último trofeo) contra a Virtus Bologna. En 2005 incorporouse ao club Dejan Bodiroga.[1] Tras pasar a maior parte da década de 2000 participando na Euroliga e ser un dos habituais candidatos ao título da Serie A, o club decide por motivos económicos despois da tempada 2014−15 descender de división e disputar a Serie A2.

Patrocinios[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Banco Roma (1971–1988)
  • Phonola Roma (1988–89)
  • Il Messaggero Roma (1989–92)
  • Virtus Roma (1992–93)
  • Burghy Roma (1993–94)
  • Teorematour Roma (1994–95)
  • Nuova Tirrena Roma (1995–96)
  • Telemarket Roma (1996–97)
  • Calze Pompea Roma (1997–99)
  • Adr Roma (1999–01)
  • Würth Roma (2001–02)
  • Lottomatica Roma (2002–2011)
  • Acea Roma (2011–presente)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Italia[editar | editar a fonte]

  • Liga de Italia
    • Campións (1): 1983
  • Supercopa de Italia
    • Campións (1): 2000

European competitions[editar | editar a fonte]

Global competitions[editar | editar a fonte]

  • Copa Intercontinental
    • Campións (1): 1984

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Europa Press (18 de xullo de 2005). "Deixan Bodiroga ficha polo Virtus Roma" (en español). ACB.com. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]