Aquila Basket Trento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dolomiti Energia Trento
Luca Garri - Aquila Basket Trento 2012.JPG
Información xeral
Liga LBA / EuroCup
Alcume Orogranata
Fundación 1995
Cores           Branco, negro
Presidente Italia Luigi Longhi
Adestrador Italia Salvatore Trainotti
Patrocinador Dolomiti Energia
Localización
Cidade Italia Trento, Italia
Pavillón PalaTrento
Capacidade 4 360
Inauguración 2000
aquilabasket.it

O Aquila Basket Trento, actualmente coñecido como Dolomiti Energia Trento por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Trento, Trentino-Tirol do Sur. Fundado en 1995 como fusión de dous clubs locais, actualmente compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto transalpino.

Historia[editar | editar a fonte]

O Aquila Basket nace en 1995 grazas a Gianni Businelli e Marco Angelini, presidentes, respectivamente, do Dolomiti Sport BC Trento e do Pallacanestro Villazzano, ambos clubs da Serie D. No ano 2000, Giovanni Zobele converteuse no presidente do club e a mesma temporada o club ascende á Serie C2, ascendendo á Serie C1 tan só dous anos despois.[1] Tras anos en categorías inferiores, na temporada 2011−12, o Trento conseguiu promocionar á LegaDue. O club adaptouse rápidamente ña segunda división, conseguindo disputar os play-offs polo ascenso na súa primeira temporada, aínda que finalmente sen éxito. Porén, na seguinte temporada o equipo mellora os seus resultados, finalizando primeiros na fase regular e conseguindo o seu ascenso á máxima categoría. A súa primeira temporada na elite foi tamén un gran suceso, finalizando no seu primeiro ano no cuarto posto, contando sobre todo coa axuda de Tony Mitchell, máximo anotador e MVP da Serie A. Isto permitiu que na temporada 2015−16 o equipo debutase en competicións europeas, concretamente na Eurocup, onde chegaron ás semifinais, nas que perderon ante o Strasbourg IG francés.

Patrocinadores[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Soci Trento (1995−2005)
  • Bitumcalor Trento (2005−2013)
  • Aquila Basket Trento (2013−2014)
  • Dolomiti Energia Trento (2014–)

Temporada a temporada[editar | editar a fonte]

Temporada Liga Copa Europa
Nivel Liga Pos. Playoff Nivel Resultado Nivel Liga Resultado
2011–12 3 DNA 2 Campións Crecente (crecemento) 3 Semifinalista
2012–13 2 LegaDue 8 Semifinalista 2 Campións
2013–14 2 DNA Gold 1 Campións Crecente (crecemento) 2 Subcampións
2014–15 1 Serie A 4 Cuartofinalista 1 Cuartofinalista
2015–16 1 Serie A 8 Cuartofinalista 1 Semifinalista
2
Eurocup
SF

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Storia" [History]. AquilaBasket.it (en Italian). Consultado o 31 August 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]