Saltar ao contido

Pallacanestro Cantù

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acqua S. Bernardo Cantù
Información xeral
Liga Serie A2
Fundación 1936
Cores                Branco, azul
Presidente Italia Roberto Allievi
Adestrador Italia Marco Sodini
Patrocinador MIA
Localización
Cidade Italia Cantù, Italia
Pavillón PalaDesio
Capacidade 6 700
Inauguración 12 de marzo de 1992
Campionatos
Euroliga 2 (1982, 1983)
Recopa 4 (1977, 1978, 1979, 1981)
Korać 4 (1973, 1974, 1975, 1991)
Liga Italia 3 (1968, 1975, 1981)
Supercopa 2 (2003, 2012)
pallacanestrocantu.com

O Pallacanestro Cantà, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Acqua S. Bernardo Cantù, é un club profesional de baloncesto italiano con sede na cidade de Cantù (Lombardía). O Cantù é o segundo equipo, detrás do Real Madrid (contra os que teñen un balance de 8−2), con maior número de títulos europeos gañados, con doce: dúas Euroliga, catro Copas Saporta e catro Copas Korać, alén dunha Copa Intercontinental da FIBA. A nivel doméstico posúen nas súas vitrinas tres Ligas e catro Copas de Italia. Actualmente compite na Lega Basket Serie A, a máxima categoría do baloncesto italiano. O Cantù xoga os seus partidos como local no Palasport Pianella, con capacidade para 3.910 espectadores, e ocasionalmente no PalaDesio, recinto con capacidade de até 8.000 espectadores na localidade veciña de Desio.

Fundado en 1936 por Mario Broggi e Angiolino Polli, o Pallacanestro Cantú chegou a converterse nun dos mellores clubs de baloncesto de Italia e un dos máis prestixiosos de Europa pese a estar situado nunha cidade de aproximadamente 35000 habitantes. No seu palmarés destacan dous títulos da Euroliga, catro Recopas de Europa, e catro Copas Korać. Actualmente milita na Serie A (máxima categoría) da Liga Italiana de Baloncesto, que gañou en tres ocasións.

A pesar de que o nome oficial do club é "Pallacanestro Cantú", xeralmente foi coñecido polo nome comercial que recibiu dos diferentes patrocinadores cos que contou ao longo da súa historia: Forst, Clear, Squibb e Ford son algúns dos máis coñecidos.

Patrocinadores

[editar | editar a fonte]

Ao longo da hisoria, por mor de razóns de patrocinio, o Pallacanestro Cantù recibiu os seguintes nomes:

  • Milenka Cantù (1954−1955)
  • Oransoda Cantù (1956−1958, 1965−1969)
  • Fonte Levissima Cantù (1958−1965)
  • Forst Cantù (1970−1977)
  • Gabetti Cantù (1977−1980)
  • Squibb Cantù (1980−1982)
  • Ford Cantù (1982−1983)
  • Jollycolombani Cantù (1983−1985)
  • Arexons Cantù (1985−1987)
  • Vismara Cantù (1987−1990)
  • Shampoo Clear Cantù (1990−1994)
  • Polti Cantù (1994−1999)
  • Canturina Cantù (1999−2000)
  • Poliform Cantù (2000−2001)
  • Oregon Scientific Cantù (2001−2004)
  • Vertical Vision Cantù (2004−2006)
  • Tisettanta Cantù (2006−2008)
  • NGC Medical Cantù (2008−2010)
  • Bennet Cantù (2010−2012)
  • Chebolletta Cantù (2012)
  • Lenovo Cantù (2013)
  • Acqua Vitasnella Cantù (2013−2016)
  • Red October Cantù (2016−2018)
  • Acqua S. Bernardo Cantù (2018−presente)

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Títulos internacionais

[editar | editar a fonte]
  • Euroliga
    • Campións (2): 1982, 1983
    • Subcampións (1): 1976
  • Copa Saporta
    • Campións (4): 1977, 1978, 1979, 1981
    • Subcampións (1): 1980
  • Copa Korać
    • Campións (4): 1973, 1974, 1975, 1991
    • Subcampións (1): 1989
  • Copa Intercontinental da FIBA
    • Campións (2): 1975, 1982
    • Subcampións (1): 1983

Títulos nacionais

[editar | editar a fonte]
  • Liga de Italia
    • Campións (3): 1968, 1975, 1981
    • Subcampións (2): 1980, 2011
  • Copa de Italia
    • Subcampións (4): 1997, 2003, 2011, 2012
  • Supercopa de Italia
    • Campións (2): 2003, 2012
    • Subcampións (1): 2011

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]