Derthona Basket

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bertram Tortona
Información xeral
Liga LBA
Fundación 1955
Refundación 1965
Cores                Negro, Branco, laranxa
Presidente Italia Marco Picchi
Adestrador Italia Marco Ramondino
Patrocinador Iates Bertram
Localización
Cidade Italia Tortona, Italia
Pavillón PalaFerraris
Capacidade 3 510
derthonabasket.it

O A.S. Dil. Pol. Derthona Basket, actualmente coñecido por motivos de patrocinio como Bertram Yachts Derthona Tortona, é un equipo de baloncesto profesional italiano de Tortona, localidade da provincia de Alessandria no Piemonte.[1] Fundado en 1955, o equipo compite na LBA, máxima categoría do baloncesto italiano, despois de conseguir o ascenso desde a Serie A2 Basket na temporada 2020−21.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O Derthona Basket foi fundado en Tortona no ano 1955. En 1962, tan só catro anos despois de obter á filiación á FIP, o club disolveuse. En 1965 foi refundado como sección dun novo club polideportivo da cidade. Na temporada 2008−09, co equipo participando na Serie C2, o base internacional macedonio Petar Naumoski decide xogar no club, gañando o equipo o ascenso á Serie C1 invicto. Na temporada 2013−14, dirixidos no banco polo técnico Antonello Arioli, o Derthona é o protagonista dunha destacábel tempada, na que o equipo permanece no alto da táboa de principio a fin. Un dos momentos álxidos dese ano prodúcese o 19 de xaneiro de 2014, cando o euqipo vence no 61-83 no PalaDozza do Fortitudo Bologna. Ao acabar a fase regular, o equipo refernda os resultados nos play-off, onde consegue o ascenso á Serie A2 após gañar a Final Four Promotion contra o Legnano Basket Knights. Na seguinte temporada o equipo finaliza noveno na A2 Silver.

Na temporada 2015−16 o Derthona acaba no terceiro lugar do Grupo Oeste. Isto permite que o equipo dispute os play-offs de ascenso á Serie A, onde elimina ao Trieste por tres a dous na primeira rolda, mentres que na seguinte sucumbe ante o Brescia por tres a dous. Na seguinte temporada, a 2016−17, liderados por Demis Cavina, o equipo finaliza a tempada regular en segundo lugar, clasificándose para os play-offs. Alí vencen na primeira rolda á Mantovana por 3 a 2,[3] mais perden na en cuartos de final ante de Trieste por 3 a 1. Na seguinte campaña o equipo gaña o seu primeiro título oficial, a Copa de Italia da Serie A2, superando na final ao Ravenna por 89−57.[4] Nos play-offs o equipo cae esta vez na primeira roda por 3−1 ante o Udine. O 22 de outubro de 2018, após tres derrotas nas tres primeiras xornadas do campionato, o Derthona despediu a Lorenzo Pansa, sendo o novo adestrador do club Marco Ramondino. O 29 de setembro de 2019 o equipo gañou o seu segundo título oficial, a Supercopa da Serie A2, superando ao Basket Torino por 81−84. Na temporada 2020−21 o Derthona gañou os play-offs da A2 e conseguiu o ascenso á máxima categoría do baloncesto profesional, a Serie A, por primeira vez na súa historia.[2]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Competicións domésticas[editar | editar a fonte]

  • Copa da Segunda División de Italia
    • Campións (1): 2018
  • Supercopa da Segunda División de Italia
    • Campións (1): 2019

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bertham Tortona". Lega Pallacanestro (en italiano). Consultado o 1 de agosto de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Petrucci, Angelo (29 de xuño de 2021). "Sanders al fotofinish porta Tortona in Serie A, vittoria a Torino in Gara 5" [Sanders leva ao Tortona á Serie A no último segundo, vitoria en Turín no 5º xogo]. Sportando (en italiano). Consultado o 1 de agosto de 2021. 
  3. "Ottavi Playoff A2 Citroën - Trieste e Tortona ultime qualificate ai quarti di finale" [Oitavos Playoff A2 Citroën - Trieste e Tortona últimos clasificados aos cuartos de final]. Lega Pallacanestro (en italiano). 12 de maio de 2017. Consultado o 1 de agosto de 2021. 
  4. Mariutto, Alberto (4 de marzo de 2018). "Basket, coppa Italia di A2: Tortona-Ravenna 89-57" [Basket, Copa Italia da A2: Tortona-Ravenna 89-57]. La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 1 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]