Luigi Datome
![]() | |
Olimpia Milano – No. 70 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1987 (35 anos)![]() |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 98 kg (215 lb) |
Posición | Ala |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2010 / Rolda: Sen draftear |
Carreira | 2003−presente |
Historial de equipos | |
Montepaschi Siena (2003–2007) Scafati Basket (2007–2008) Virtus Roma (2008–2013) Detroit Pistons (2013–2015) → Grand Rapids Drive (2015) Boston Celtics (2015) Fenerbahçe (2015–2020) Olimpia Milano (2020–presente) | |
Premios e galardóns | |
1× Euroliga (2017) 2× Liga de Italia (2004, 2022) 2× Copa de Italia (2021, 2022) 3× Liga de Turquía (2016, 2017, 2018) 3× Copa de Turquía (2016, 2017, 2018) 1× MVP da Liga de Italia (2013) 1× MVP da Copa de Italia (2021) 1× MVP da Final da Liga de Turquía (2016) 2× MVP da Final da Copa de Turquía (2019, 2020) |
Luigi "Gigi" Datome, nado o 27 de novembro de 1987 en Montebelluna, Véneto, é un xogador profesional italiano de baloncesto profesional que xoga no Olimpia Milano da Lega Basket Serie A.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Italia[editar | editar a fonte]
Datome comezou a xogar ó baloncesto na súa cidade natal, antes de fichar polo Montepaschi Siena da Lega Basket Serie A no ano 2003. Xogou catro tempadas con Montepaschi antes de fichar polo Scafati Basket para a tempada 2007-08.
En 2008, Datome fichou polo Virtus Roma, onde na súa primeira tempada conseguiu o premio ó mellor xogador de menos de 22 anos da liga. Na tempada 2012-13, foi elixido coma o mellor xogador da Lega Basket Serie A tras acadar 16.5 puntos e 5.6 rebotes por encontro.
NBA[editar | editar a fonte]
O 16 de xullo de 2013, Datome asinou un contrato de dous anos e 3.5 millóns de dólares cos Detroit Pistons.[1] O 19 de febreiro de 2015, Datome foi traspasado xunto a Jonas Jerebko ós Boston Celtics, a cambio de Tayshaun Prince.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Detroit Pistons Sign Forward Luigi Datome". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 16 de xullo de 2013. Consultado o 16 de xullo de 2013.
- ↑ "Celtics Acquire Thomas From Phoenix". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 11 de outubro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1987
- Nados na provincia de Treviso
- Xogadores de baloncesto de Italia
- Alas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores do Mens Sana Basket
- Xogadores do Scafati Basket
- Xogadores do Pallacanestro Virtus Roma
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto)
- Xogadores do Olimpia Milano