Universo Treviso Basket

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
NutriBullet Treviso
Información xeral
Liga LBA
Fundación 2012
Historia Treviso Basket 2012 (2012–2014)
Cores           Azul, branco
Presidente Italia Paolo Vazzoler
Adestrador Marcelo Nicola
Patrocinador NutriBullet (De' Longhi)
Localización
Cidade Italia Treviso, Italia
Pavillón PalaVerde
Capacidade 5 144
Inauguración 24 de setembro de 1983
trevisobasket.it

O Universo Treviso Basket, tamén coñecido como NutriBullet Treviso Basket por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Treviso, Véneto. Fundado en 2012 como sucesor da Benetton Treviso co nome de Treviso Basket 2012, actualmente compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto transalpino.

Historia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Pallacanestro Treviso.

Após o abandono planificado da familia Benetton do baloncesto profesional en xullo de 2012 e de ver ao Benetton Treviso sen apoio, o consorcio Universo Treviso comezou un proxecto en marzo de 2012 co obxectivo de asegurar a presenza do club como equipo profesional. Ex-jugadores, baixo o liderado de Riccardo Pittis, foron a base da iniciativa.[1] Despois de superar algúns obstáculos grazas aos esforzos de Pittis, Claudio Coldebella e Paolo Vazzoler, o consorcio conseguiu obter fondos suficientes para crear un novo club o 4 de xullo de 2012. A maior parte dos fondos procedían de cinco empresarios e de sesenta e sete empresas locais.

A nova administradora do club, Treviso Basket s.r.l., recibiu de forma gratuíta os dereitos deportivos da Benetton Treviso, o cal xa decidira deixar a súa praza da Serie A para adicarse ás categorías de formación.[2] Porén, a Federación Italiana de Baloncesto, que decide que clubs son admitidos nas ligas nacionais, rexeitou a solicitude de Treviso Basket para unirse á Serie A, unha decisión confirmada polo Consiglio Federale o 2 de agosto de 2012.[3] A explicación do presidente da Federación, Dino Meneghin, foi que a situación iría contra o regulamento da liga e que crearía un precedente legal insostíbel (por exemplo, clubs endeudados que formasen unha nova organización para permanecer na liga). Meneghin tamén lamentou a falta de reacción desde que Benetton anunciou o seu retiro dezaoito meses antes e o feito de que as dúas entidades non se tivesen fusionado.

O novo club reaccionou tarde á nova situación, mais comezou o seu camiño na Promozione (sétima división) grazas ao apoio da Benetton Treviso que lles transferiu ao seu equipo sub-19 e varios empregados para comezar a competir.[4] O Treviso Basket ascendeu á Serie D tras gañar os playoffs da Promozione en 2012-13. Ao ano seguinte conseguiron unha invitación da competir na Divisione Nazionale B (cuarta división), onde conseguiron finalizar en cuarto lugar tras seren eliminados nos cuartos de final do playoff de ascenso. Após comprar os dereitos do B.N.B. Corato, o Universo Basket Treviso, xogou na seguinte campaña na Serie A2 Silver (daquela terceira división, mais logo fusionouse coa A2 Gold para formar unha nova segunda categoría). En xuño de 2019, despois de vencer ao Benfapp Capo d'Orlando nos playoffs o Treviso Basket conseguiu o ascenso á LBA, a máxima categoría do baloncesto italiano.

Patrocinadores[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • De' Longhi Treviso (2012–2021)
  • NutriBullet Treviso (2012–presente)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Valente, Matteo (16 de marzo de 2012). "Pallacanestro Treviso riparte da Pittis". CorrieredelVeneto.it (en italiano). 
  2. Canfora, Mario; Mariutto, Alberto (5 de xullo de 2012). "Treviso: accordo per il futuro. Ora tocca alla Federazione". Gazzetta (en italiano). 
  3. Focarelli, Silvano (2 de agosto de 2012). "Ultimo "no" della Fip Treviso senza basket". TribunadiTreviso.it (en italiano). L'Espresso. 
  4. Valente, Matteo (10 de setembro de 2012). "Treviso, è ripartito il basket". CorrieredelVeneto.it (en italiano). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]