A Casa da Troia,[1] orixinalmente La casa de la Troya. Estudiantina,[2] é unha coñecida e exitosa novela romántica do escritor Alejandro Pérez Lugín publicada en 1915, da que se fixeron múltiples reedicións, varias adaptacións ao teatro, cine e televisión e foi traducida a varias linguas. A acción desenvólvese en Santiago de Compostela. Na súa primeira edición a cuberta foi ilustrada por Castelao.[3] A obra, escrita en lingua castelá, está dedicada polo autor, fillo de santiaguesa e madrileño de nacemento, "A miña nai"[sic] (escrito así, en lingua galega).
A obra narra a historia dun mozo da época, Gerardo Roquer, que leva unha vida desordenada en Madrid e é obrigado polo seu pai a estudar a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, algo que el interpreta como un desterro. Aínda que ao principio lle resulta difícil adaptarse á vida na que el ve como unha simple cidade de provincias, acabará establecendo boas relacións cos seus compañeiros de pensión (a chamada Casa de la Troya), e mesmo coñecerá o amor da súa vida, Carmiña de Castro Retén, unha moza que ten o pazo familiar en Sada.
Unha polémica contribuíu á popularidade da obra. En 1924 Pérez Lugín denunciou o xornalista José Signo, quen nun artigo no xornal vigués La Concordia afirmara que o autor da novela era o, daquela xa finado, Camilo Bargiela. O xornalista, defendido polo avogado Valentín Paz-Andrade, foi xulgado na Audiencia de Pontevedra en agosto de 1924 e condenado por inxurias. Pérez Lugín estivo defendido polo avogadoPrudencio Landín Tobío, quen en 1925 publicou a obra La paternidad de La Casa de la Troya ante los tribunales de justicia.[12][13]
Caamaño Bournacell, J. (1967). Ficción y realidad en La Casa de la Troya. La historia familiar de Rosalía en la Estudiantina de Pérez Lugín(en castelán). Porto y Cía.
López, Yolanda (2000). "Santiago de Compostela en el cine: las adaptaciones cinematográficas de La Casa de la Troya". Galicia-Cuba: un patrimonio cultural de referencias y confluencias(en castelán). do Castro. pp.243–252. ISBN84-7492-973-3.
Nieto Iglesias, José (1982). ¿Qué es La casa la Troya?: testimonio del hijo del "Nietiño"(en castelán). Madrid: Ediciones Partenón.ISBN 84-7119-058-9.