José Signo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Signo
José Signo 1919.jpg
Nacemento29 de agosto de 1894
Lugar de nacementoSan Xoán
Falecemento29 de maio de 1952
Lugar de falecementoCórdoba
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e director de cinema
editar datos en Wikidata ]

José Signo García, nado en San Xoán (Porto Rico) o 29 de agosto de 1894 e finado en Córdoba o 29 de maio de 1952, foi un actor e xornalista de orixe galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

José Signo, Luís Casado e Federico Rivas en Bueu, 1927.

Fillo do guardés José María Signo Neda e a santiaguesa Concepción García, instalouse en Vigo antes de 1900. Traballou como xornalista en La Concordia e como actor. Dirixiu a peza satírica La Ráfaga e colaborou co cineasta Xosé Gil. Posteriormente foi redactor xefe de La Zarpa en Ourense, redactor dos xornais Galicia e El Pueblo Gallego, e colaborador de Faro de Vigo e Vida Gallega. En 1924 tivo un xuízo fronte a Alejandro Pérez Lugín pola paternidade da novela La Casa de la Troya.[1][2]

En 1929 participou na creación da produtora Vicus Films, para a que dirixiu a longametraxe de ficción La tragedia de Xirobio (1930)[3][4]. Vinculouse ao mundo teatral, primeiro na Agrupación Martín Codax de Vigo, logo no Teatro Nacional de la Falange, e, por último, na compañía de Celia Gámez. A partir de 1941 foi redactor de Vértice, en Donostia, de Voluntad, en Xixón, e do diario Córdoba.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Landín Tobío, P. (1925). La paternidad de La Casa de la Troya ante los tribunales de justicia. Madrid: Editorial Reus. 
  2. Paramés Montenegro, C. (18/2/2007). "¿Escribió Lugín "La casa de la Troya"?". El Correo Gallego (en castelán). 
  3. La tragedia de Xirobio (José Signo, 1930) Arquivado 12 de abril de 2012 en Wayback Machine., Ficha na web da AAG.
  4. Lamas, Jorge (13-12-2003). "O primeiro filme galego de ficción estréase 73 anos despois da súa rodaxe". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 14-03-2018. Consultado o 14-3-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]