Carmen Viance

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carmen Viance
Nacemento21 de xuño de 1905
LugarMadrid
Falecemento25 de xullo de 1985 e 24 de xullo de 1985
LugarMadrid
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz
Na rede
IMDB: nm0895697 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Carmen Hernández Álvarez, artisticamente coñecida como Carmen Viance, nada en Madrid o 21 de xuño de 1905 e finada na mesma cidade o 25 de xullo de 1985, foi unha actriz española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Unha das máis destacadas actrices da época do cine mudo español e por algúns considerada como a primeira estrela que apareceu na Historia do cine español. Cando traballaba como mecanógrafa foi descuberta polo director de cine José Buchs, que lle ofrece o papel protagonista na película Mancha que limpia (1924).

Entre 1924 e 1930 roda preto de vinte películas con algúns dos máis destacados cineastas da época como Fernando Delgado ou Florián Rey. Entre os títulos que protagoniza figuran La casa de la Troya (1925), Gigantes y cabezudos (1925), El lazarillo de Tormes (1925), Viva Madrid, que es mi pueblo (1928) ou La aldea maldita (1929/1930).

Coa chegada do cine sonoro, a súa carreira eclipsase e só volvería aparecer ante as cámaras en Currito de la Cruz (1936), Paloma de mis amores (1946) e La casa de la lluvia (1943), antes da súa retirada definitiva.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]