Carlos Pardo Pallín
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Carlos Pardo Pallín | |
---|---|
Nacemento | 1868 |
Lugar de nacemento | Galicia |
Falecemento | 1936 |
Lugar de falecemento | Lugo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos Pardo Pallín, nado en 1868 e finado en Lugo en xaneiro de 1936[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Descende de Manuel María Pardo de Ulloa Ribadeneira. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi secretario do Concello de Lugo durante corenta anos, e tamén foi concelleiro e alcalde accidental.
Carlos Pardo aparece como o personaxe "Jesús Samoeiro y Torviscón" en La Casa de la Troya.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
A súa irmá Amparo Pardo Pallín casou con José Benito Pardo Rodríguez. Foi pai de Carlos Pardo Menéndez.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en El Compostelano, 31-1-1936, p. 2.