Río Fluvià

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fluvià
River Fluvià at Olot 20060418 03.JPG
O Fluvià en Olot
País Cataluña, España
Nacemento Collsacabra
Lonxitude 70 km
Conca 1.125 km2
Caudal medio 10,67 m3/s (Garrigàs)
Desembocadura Mar Mediterráneo

O Fluvià é un río de Cataluña de orientación leste-oeste, que logo dun curso de 70 km desauga no mar Mediterráneo.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Fluvià nace na serra de Collsacabra e desemboca no Mediterráneo, nos pantanos do Empordà, preto de Sant Pere Pescador, despois de percorrer 70 quilómetros. Recolle as augas dos contrafortes máis nororientais da serra Transversal pola súa beira dereita e das serras da Alta Garrotxa pola orela esquerda. O val que forma o seu curso medio foi, historicamente, o principal paso para penetrar nas terras pirenaicas desde o nordeste de Cataluña.

O seu curso alto forma parte do Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa.

Principais afluentes[editar | editar a fonte]

Poboacións no curso[editar | editar a fonte]

O Fluvià ao paso por Besalú.
O Fluvià ao paso por Sant Pere Pescador. No fondo o cabo de Creus.