Juan Compañel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1829 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1897 (67/68 anos) La Catalina, Cuba |
Familia | |
Cónxuxe | Emilia Chao Fernández |
Fillos | Tres[1] |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Compañel (Juan), p.90) |
Juan Compañel Rivas, nado en Santiago de Compostela en 1829 e finado en La Catalina (Cuba) en 1897, foi un editor e impresor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do impresor Francisco Luis Compañel, natural da Graña (Ferrol). Logo da morte do pai ocupouse da empresa familiar Viuda e Hijos de Compañel. Entre 1852 e 1856 deixou a imprenta familiar e trasladouse a Vigo, onde publicou La Oliva con Uxío Carré Aldao e Manuel Murguía. En abril de 1857 o goberno suspendeu a publicación, que tomou o nome de El Miño volvendo á súa primeira denominación en outubro de 1868. Na súa imprenta, na rúa Real, publicouse o 17 de maio de 1863 Cantares gallegos de Rosalía de Castro. En 1863 casou con Emilia Chao Fernández, filla de José María Chao Rodríguez, converténdose en cuñado de Eduardo e Alejandro Chao Fernández. En 1873 marchou a Cuba, foi secretario do concello de La Catalina e fundou e dirixiu La Lealtad (1882) de Cienfuegos, Diario de Cárdenas (1883) e La Unión de Colón. Volveu a Vigo en 1891 para recuperarse do seu feble estado de saúde, e regresou a Cuba dous anos máis tarde.
En outubro de 2013 o Corporación Municipal de Vigo aprobou por unanimidade darlle o seu nome á Biblioteca Pública Central de Vigo, situada na Casa de Pedro Román ou Casa Ferro, da zona antiga, na rúa Joaquín Yáñez número 6.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Entre eles Francisco Compañel Chao, bibliotecario do Centro Galego da Habana e secretario da Asociación Viguesa da Habana.
- ↑ "La Biblioteca Pública Central pasa a llamarse ´Juan Compañel´" Faro de Vigo, 29/10/2013 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez González, Xurxo (2012). "Juan Compañel Rivas (1829-1897). Alén do editor do Rexurdimento" (PDF). Grial (Galaxia) (195): 106–117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 18 de novembro de 2012.
- Martínez González, Xurxo: "Juan Compañel Rivas. Un editor con conciencia de Galiza" en Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada (PDF). CCG.
- Odriozola, Antonio; artigo "COMPAÑEL" [familia], Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Compañel |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- La hija del mar (1859)
- Cantares gallegos (1863)