Cienfuegos, Cuba
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| País insular | Cuba | ||||
| Provincias | Provincia de Cienfuegos | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 164.924 (2012) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 333 km² | ||||
| Altitude | 25 m | ||||
| Creación | 22 de abril de 1819 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 55100–55500 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 43 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
Cienfuegos é unha cidade de Cuba, capital da provincia homónima, coñecida como la Perla del Sur. En 2012 tiña 164.924 habitantes. Está situada a 245 km da Habana e a 658 de Santiago de Cuba.
Historia
[editar | editar a fonte]Debe a súa orixe ao interese das autoridades coloniais españolas por desenvolver novas cidades na illa. Foi fundada o 22 de abril de 1819 por colonos franceses e españois (baixo o mando de Luis De Clouet y Favrot) nunha excepcional baía, que serviu de refuxio a piratas. As rúas foron trazadas formando cuadrículas. A arquitectura ecléctica da cidade conserva abundante decoración neoclásica, xunto a antigos e modernos rañaceos e fermosos paseos e parques (o máis deles o "José Martí"). En xulio de 2005 o centro histórico urbano foi declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está localizada na chamada península da Majagua, á beira da baía de Jagua, de 88 km², ao fondo da mesma. Esta baía de nome aborixe (significa orixe, fonte, manancial, riqueza) está aberta ao mar Caribe por un estreito canal que serve de acceso ás embarcacións que usan o porto de Cienfuegos.
A diocese de Cienfuegos ten unha superficie de 5.360 km² e unha poboación de 485.000, dos cales 293.600 son católicos. Son 23 sacerdotes e 37 relixiosos que serven na diocese.
Deporte
[editar | editar a fonte]Na cidade compite o equipo de fútbol FC Cienfuegos, fundado en 1978.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cienfuegos, Cuba |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cienfuegos, Cuba |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
