A filla do mar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "La hija del mar")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

A filla do mar
La hija del mar novela por Rosalía de Castro. Vigo. 1859. Imp. y Enc. de D. J. Compañel. Editor.jpg
Vigo. 1859. Imp. y Enc. de D. J. Compañel.
Título orixinal La hija del mar
Autor/a Rosalía de Castro
Orixe Galicia
Lingua castelá
Xénero(s) Narrativa
Editorial Imprenta de J. Compañel
Data de pub. 1859
Seguido por Flavio

A filla do mar (orixinalmente La hija del mar) é unha novela en lingua castelá de Rosalía de Castro, publicada en 1859. Xa no século XXI foi traducida ao galego e publicada por Toxosoutos.

Características[editar | editar a fonte]

Imprenta de J. Compañel, na rúa Real de Vigo.

É unha novela romántica, de carácter folletinesco. Está adicada a Manuel Murguía, con quen Rosalía casara en 1857. Foi publicada en Vigo, pola imprenta de Juan Compañel. En maio de 1976 saíu unha edición da librería-editorial compostelá Galí.

A obra inclúe un prólogo no que a autora defende a súa condición de muller escritora, expoñendo o seu dereito a publicar este texto narrativo de ficción, se ben considera que a mediados do século XIX a muller aínda tiña problemas para publicar un texto de carácter intimista.

A novela ten influencia por autores dos gustos románticos da época. Así, hai citas de autores como Carl Franz Van der Velde, Ossian, George Sand, José Zorrilla, Lord Byron, San Juan de la Cruz, Maria Susanna Cummins, Bernardin de Saint-Pierre, Charlotte Turner Smith, Goethe, Delphine de Girardin e Victor Hugo, amais do poeta culterano Luis de Góngora.

En 2001 foi publicada en galego, co título de A filla do mar, pola Editorial Toxosoutos, nunha tradución de Olga Patiño Nogueira (ISBN 84-95622-33-5).[1]

Trama[editar | editar a fonte]

A acción sitúase en Muxía, preto do Santuario da Virxe da Barca. A novela conta as vivencias tráxicas de dúas mulleres: Esperanza é unha nena orfa rescatada dun naufraxio nun con por un mariñeiro, que é entregada á súa nai adoptiva, Teresa, unha muller expósita que xa ten un fillo pequeno, se ben este morre ao pouco de recibir a pequena. Teresa, que vive de coidar o gando, cría e coida a Esperanza.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mayoral, M. "La voz del narrador desde La hija del mar a El primer loco…", vol. 1, 341-366.
  • Ruiz Silva, Carlos. "Reflexiones sobre La hija del mar", vol. 1, 367-380.
  • Matalobos, Manuel Celso. "A natureza en La hija del mar", vol. 1, 381-386.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]