José Luís Rodríguez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Luís Rodríguez Fernández
Nacemento20 de maio de 1947
Lugar de nacementoVilamaior de Negral
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónprofesor universitario e filólogo
Na rede
Dialnet: 146585
editar datos en Wikidata ]

José Luís Rodríguez Fernández, nado en Vilamaior de Negral (Guntín) o 20 de maio de 1947, é un profesor universitario e investigador galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Panel sobre Carvalho Calero e a 1ª promo. de Filoloxía Galego-Portuguesa da USC.

Estudou no Instituto Masculino de Lugo con profesores como Amable Veiga e Xesús Alonso Montero. Comezou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela en 1965 con profesores como Abelardo Moralejo, Enrique Moreno Báez, Ramón Otero Túñez ou Carlos Amable Valiñas nos dous anos de materias comúns. Continuou despois os tres anos de Filoloxía Románica, subsección de Español, nos que tivo de profesores a Constantino García e Ricardo Carvalho Calero, ademais dos mozos Antón Santamarina, Luís Iglesias Feijoo e María do Carmo Henríquez Salido. Rematada a carreira e lida a tesiña de licenciatura en outubro de 1970 (El habla de Vilanova de Cerveira (Portugal)),[2] xa é profesor encargado de curso na materia de Literatura Portuguesa a proposta de Constantino García. Ese ano, ademais, impartiu Gramática Histórica do Español e Lingua Española no nocturno do Instituto Xelmírez de Santiago. Tamén se examinou por libre de Maxisterio en Lugo, quedándolle só dúas materias para o título.[3]

Comezou nesa altura a tese de doutoramento sobre o poeta medieval Johan Airas, dirixida por Constantino García. Tamén iniciou o seu trato e colaboración co profesor Manuel Rodrigues Lapa que duraría ata a morte do sabio portugués. En 1976 presentou a tese (cum laude e premio de doutoramento) e xa era Agregado interino de Filoloxía Galego-Portuguesa no Departamento dirixido por don Ricardo Carvalho Calero. En 1979, por oposición, foi Profesor Adxunto de Lingua e Literatura Portuguesa, materia na que foi catedrático universitario desde 1994 ata a súa xubilación en 2017. Alternou a docencia na USC con diferentes cursos en Lisboa e Coímbra.

Foi membro fundador da AGAL (un tempo Presidente da Comisión Lingüística), membro do Instituto Padre Sarmiento, do Seminario de Estudos Galegos, da AS-PG, da Associação Internacional de Lusitanistas e do Padroado Rosalía de Castro. Foi secretario da Comisión de Lingüística da Xunta preautonómica (1979) para a elaboración das Normas ortográficas do idioma galego (1980).

Ademais dos seus mestres Carvalho Calero e Rodrigues Lapa, tratou tamén con Ernesto Guerra da Cal e con multitude de especialistas portugueses e brasileiros en lingua e literatura (Jacinto do Prado Coelho, Vítor Aguiar e Silva, Clarinda de Azevedo Maia, Carlos Reis, Pires Laranjeira, Luís Filipe Lindley Cintra, José Viale Moutinho).[4]

Moi vinculado á cultura portuguesa, colaborou en revistas como Agália (formou parte do Consello de Redacción e do Consello Científico[5]), Verba, Cuadernos de Estudios Gallegos, Boletim de Filologia e Revista de Literatura medieval. Os estudos abranguen catro campos:

  • Estudos filolóxicos medievais: "A propósito de la partícula per, intensiva o perfectiva, en la lengua medieval gallego-portuguesa", "El equívoco como recurso estilístico nuclear en la cantiga d'escarnho de los Cancioneros", "Castelhanismos no galego-português de Afonso X, o Sábio", "Os nomes dos trovadores. Algumhas anotaçons para umha fixaçom possível", "A mulher nos Cancioneiros. Notas para um anti-retrato descortês", "O problema dos limites entre as literaturas galega e portuguesa na época medieval", "O eco de Dom Denis na literatura posterior", "Algumas considerações sobre o espaço nas cantigas de escárnio e de mal dizer", "Mesóclise e ênclise nos futuros (luso-)galegos medievais", "Um precursor de Rocinante nos Cancioneiros? (Notas sobre umha cantiga de Fernam Soarez de Quinhones)", "De Castelhano para Galego-Português: as traduções medievais", "Minorias religiosas e étnicas no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende". e “D. Carolina Michaëlis e o texto de escárnio e de maldizer”, “Galiza-Portugal: (neo-)trovadores e questons lingüísticas conexas”. “A primeira literatura galega e o Camiño”.[6]
  • A historia da lingua galega: "Q(u)alquera, quenquera, sequera..., galeguismo?", "Sobre algumhas formas e locuçons conjuntivas medievais", “Para um perfil das formas de tratamento: vostede/vosté... você", “As formas verbais contractas de P5 no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende. Algumas anotações”, “Visões do Outro. O castelhano na óptica dos linguistas portugueses de Quinhentos”.[6]
  • A relación entre a Galiza e a lusofonía e a ligazón lingüística galego-portuguesa: "A Galiza, <<raiz anterga da nossa cultura>> ou a <<portugaleguidade>> de Rodrigues Lapa". “Para umha Galiza plena na lusofonia, "A Galiza, umha lusofonia na fronteira".
  • Ricardo Carvlho Calero. Coordinou dous volumes de Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero, editados pola Universidade e polo Parlamento de Galicia. Ademais: -“Ricardo Carvalho Calero, Gallaecia Magna”, Ricardo Carvalho Calero, professor na USC”, “O labor universitário de Ricardo Carvalho Calero”.[6]

Dirixiu teses de doutoramento sobre a narrativa cabo-verdiana, diversos aspectos da literatura medieval galego-portuguesa, Nélida Piñon, Florbela Espanca, Camões, Pepetela, Almada Negreiros etc.[7]

Desde o final da década de 1970 foi un dos principais defensores, xunto con Carvalho Calero, das teses lusistas e reintegracionistas achegando as súas ideas en múltiples palestras e publicacións.

En 2020 Através Ed. publicou José Luís Rodríguez, nos trilhos da língua: en formato entrevista fai un repaso á súa vida persoal, académica e expón con claridade as súas ideas sobre o reintegracionismo e os problemas que estas lle causaron.[8]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • El cancionero de Juan Airas de Santiago: edición y estudio (1980). Universidade de Santiago de Compostela. Anexo XII de Verba. ISBN 84-7191-208-2.
  • Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero (ed. lit.) (2000). Parlamento de Galicia: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións. 2 vols. ISBN 84-8121-826-X.
  • José Luís Rodríguez, nos trilhos da língua (2020). Através Ed. 202 páxs. ISBN 978-84-16545-39-1.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Frateschi Vieira, Yara; Rodríguez, José Luis; Morán Cabanas, M. Isabel; Souto Cabo, José António: Glosas Marginais ao Cancioneiro Medieval Galego-Português de Carolina Michaëlis de Vasconcelos. Universidade de Coimbra - Universidade de Santiago de Compostela – Universidade de Campinas, Coimbra 2004, 592 pp.[9]
  • Caldas, Alcides S.; Rodríguez, José Luís; Vieira, Yara F., Villarino, M. Carmen (eds.): Brasil: 500 anos depois. Deputación Provincial da Coruña, A Coruña 2002, 438 pp.
  • Da Galiza a Timor: a lusofonia em foco. Actas do VIII Congresso da Associação Internacional de Lusitanistas, Santiago de Compostela, 18 a 23 de Julho de 2005. Carmen Villarino Pardo, Elias J. Torres Feijó, José Luís Rodríguez (eds.). Santiago de Compostela: Serviço de Publicações e Intercâmbio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 2008 (vols. 1 e 2), 2009 (vol. 3).[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ledo, Bieito (Ed.) (2002). Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. p. 505. ISBN 84-7680-302-8. 
  2. Cañada, Silverio (Ed.) (1974). Gran Enciclopedia Gallega 27. GEG. p. 53. ISBN 84-7286-215-1. 
  3. Rodríguez, José Luís (2020). José Luís Rodríguez, nos trilhos da língua. Através Ed. p. 202. ISBN 978-84-16545-39-1. 
  4. Rodríguez 2020, p. 100.
  5. "A Agal reivindica o seu traballo polo galego nos vinte e cinco anos que leva de actividade". La Voz de Galicia. 2006-04-22. Consultado o 2020-03-09. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela /C.Completo". iacobus.usc.es. Consultado o 2020-03-09. 
  7. "José Luis Rodríguez Fernández". Dialnet (en castelán). Consultado o 2020-03-09. 
  8. "JOSÉ LUÍS RODRÍGUEZ, NOS TRILHOS DA LÍNGUA". Através Editora área editorial da AGAL. Consultado o 2020-03-09. 
  9. "A catedrática brasileira Yara Frateschi traballa en Santiago nun estudo sobre as orixes da lírica medieval galego-portuguesa". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2020-03-20. 
  10. Martínez Tejero, Cristina (2009). "J.L. Rodríguez et alii, Da Galiza a Timor: a lusofonía en foco. Actas do VIII Congresso da Associaçâo Internacional de lusitanistas". ISSN 1576-2661. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]