Elias Torres
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de xaneiro de 1964 Tui |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Director de tese | José Luís Rodríguez Fernández |
| Actividade | |
| Ocupación | catedrático, teórico literario, lusitanista |
| Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
| Obra | |
| Doutorando | Roberto López-Iglésias Samartim |
Elias José Torres Feijó, nado en Tui o 25 de xaneiro de 1964,[1] é un filólogo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1995 doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese A Galiza em Portugal, Portugal na Galiza a través das revistas literarias: (1900-1936), dirixida por José Luís Rodríguez Fernández. É profesor titular de Filoloxía Galega e Portuguesa nesa mesma universidade, onde dirixe o grupo de investigación GALABRA[2]: consolidación e estruturación de unidades competitivas de investigación. Grupos con potencial crecemento, financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia. Tamén en Narrativas, usos e consumos de visitantes como aliados ou ameazas para o benestar da comunidade” (2018-2022,) financiado pola Agencia Estatal de Investigación.[3]
Dedicouse a desenvolver unha adaptación da Teoría dos Polisistemas a áreas culturais emerxentes liderando proxectos sobre a relación entre Galicia e Portugal, contribuíndo á comprensión das relacións e á explicación das asimetrías e precariedades relacionadas con ela. Investigou sobre a consideración da cultura como un ben, unha ferramenta e un transmisor de ideas.[4]
No período 1989-1993 foi vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística[5], vicerreitor da USC (2006-2009)[6] e desde 2008 a 2014 presidiu a Associação Internacional de Lusitanistas[7]. En 2020 foi elixido decano da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. É un dos fundadores do Movemento Internacional Sociocultural e Educativo nos Tempos Libres Altair sendo na actualidade coordinador pedagóxico da asociación Altair Galiza e director da súa escola ETL Altair Galiza.[8]
Dirixiu a revisa Veredas de 2008 a 2014. Ten colaborado en Madrygal: Revista de estudios gallegos, Maremagnum: publicación galega sobre os trastornos do espectro autista, Revista portuguesa de humanidades, Letras de Hoje: Estudos e debates de assuntos de lingüística, literatura e língua portuguesa, Revista galega de educación, Romance notes, Agália: Publicaçom internacional da Associaçom Galega da Lingua.
Obra
[editar | editar a fonte]- Sobre conflito linguístico e planificaçao cultural na Galiza contemporânea. Dez contributos (2018). Con Roberto Samartín. Através Ed. ISBN 978-84-16545-22-3
- Galeguismo precário e Portugal. Entre os Jogos Florais de Tui e a Academia Galega através das revistas culturais (1891-1906): os sistemas literarios galeguista e portugués e o seu relacionamento. (2019). Ed. Andavira. 758 páxs. ISBN 978-84-121445-1-2. Con base na súa tese de doutoramento.
- Portugal para que? Seis casos no relacionamento galegoportuguês (2019). Ed. Andavira. ISBN 978-84-121509-8-8.
- Bem-estar comunitário e visitantes através do Caminho em Santiago. Grandes narrativas, ideias e práticas culturais na cidade (2019). Ed. Andavira. ISBN 9788412150971.
- Estudar sem melancolia: Reflexões teóricas e aplicadas nos bastidores do sistema literário (2022). Imprensa da Universidade de Coimbra. ISBN 9789892623221.
- Heteronomias em textos e historiografia da literatura galega (2022). Ed. Andavira. ISBN 978-84-126450-2-6.

Obras colectivas[9]:
[editar | editar a fonte]- Norma lingüística e (inter-)sistema cultural: o caso galego (1999).
- Como sair do cerco. A legitimaçom galeguista da Literatura Galega por Carvalho Calero e a génese da sua centralidade no campo da crítica literária (2002).
- Contributos sobre o objecto de estudio e metodologia sistémica: sistemas literários e literaturas nacionais (2004).
- "Roma locuta causa finita?": sobre docência e crítica da literatura e da cultura (2004).
- O 25 de Abril e as suas imediatas conseqüências para e no campo do protossistema cultural galeguista (2007).
- Para umha cartografia da traduçom literária entre 1900 e 1930. Portugal em España (2007).
- “Discursos contemporâneos e práticas culturais dominantes sobre Santiago e o Caminho: a invisibilidade da cultura como hipótese”. In António Apolinário Lourenço e Osvaldo Manuel Silvestre (Coords.). (2011) Literatura, espaço, cartografias (pp. 391-449). Coimbra: Centro de Literatura Portuguesa / Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra.
- José Luís Rodríguez, nos trilhos da língua (2020). Através Ed.
- A cidade o camiño e nós. Desenvolvemento do proxecto expositivo e participación social en Santiago de Compostela (2020). Ed. Andavira. ISBN 978-84-123076-4-1.
- Contar o Caminho de Santiago: literatura, discurso(s) e efeitos sociais na comunidade local (2022). Ed. Colibri
- Universidade, para quem e para quê?: (re)volucionar a universidade desde os territórios e as resistências (2025). Ed. Andavira.
Premios
[editar | editar a fonte]2020: Premio de Investigación da Cátedra do Camiño e as Peregrinacións polo seu libro Bem-estar comunitario e visitantes através do Caminho em Santiago. Grandes narrativas, ideias e práticas culturais na cidade.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Torres Feijó, Elias José". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 564. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ "Grupos de investigación e investigadores Universidade de Santiago – Galicia". imaisd.usc.es. Consultado o 2025-11-18.
- ↑ "Torres Feijó, Elias José". CISPAC. Consultado o 2025-11-18.
- ↑ "ELIAS JOSE FEIJO TORRES - Universidade de Santiago de Compostela". investigacion.usc.gal. Consultado o 2025-11-18.
- ↑ Ficha biográfica no PGL (consultado o 21 de xaneiro de 2010).
- ↑ Noticia en El Correo Gallego sobre as eleccións á USC Arquivado 16 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. (consultado o 21 de xaneiro de 2010).
- ↑ Web da AIL Arquivado 13 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. (consultado o 21 de xaneiro de 2010).
- ↑ "Elias J. Feijó Torres , novo decano de Filoloxía". Universidade de Santiago de Compostela. 10 de marzo de 2020.
- ↑ Elias Torres en Dialnet (consultado o 21 de xaneiro de 2010).
- ↑ "Elias J. Feijó Torres, premio de Investigación da Cátedra do Camiño e as Peregrinacións Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. 2020-06-08. Consultado o 2025-11-18.