Jacinto do Prado Coelho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaJacinto do Prado Coelho
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1920 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte19 de maio de 1984 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoInstitución educativa universitaria, crítica literaria e Literatura portuguesa Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónprofesor universitario , crítico literario , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Lisboa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Jacinto de Almeida do Prado Coello, nado en Lisboa o 1 de setembro de 1920 e finado na mesma cidade o 19 de maio de 1984, foi un crítico literario, ensaísta e profesor universitario portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jacinto Almeida do Prado Coello naceu o 1 de setembro de 1920 en Lisboa, fillo do profesor de instituto António do Prado Coelho.[1]

En 1941 conclúe a licenciatura en Filoloxía Románica na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa. Dous anos despois, inicia alí unha carreira académica a cuxo cume ascende en 1953, altura en que se torna catedrático titular de Literatura Portuguesa Moderna.

Xamais abandonará posicións de assinalábel destaque nos principais organismos encargados do estudo e divulgación da lingua portuguesa: presidente da dirección do Centro de Estudos Filológicos entre 1954-1965; socio correspondente (a partir de 1955) e efectivo (despois de 1962) da Academia das Ciências de Lisboa, institución que o nomea responsábel pola comisión de redacción do seu Dicionário de Lingua Portuguesa e o fai chegar a presidente da dirección o ano de 1972. Mais é o interese polos escritores portugueses que estruturará o esencial da actividade de investigador de Prado Coelho.

Dicionário de Literatura, unha das obras do autor, nunha biblioteca municipal, no Brasil

Verificábel desde logo na tese de doutoramento, presentada en 1947 co título Introdução ao Estudo da Novela Camiliana. Colabora no nº 52, maio de 1947, da revista Mundo Literario[2] (1946-1948) coa crítica "Camilo romántico" e tamén se encontra colaboración da súa autoría nas revistas Litoral[3] (1944-1945) e Atlántico.[4] Ademais de Camilo Castelo Branco será aínda, a partir de 1965, responsábel da edición das Obras, con máis de seis decenas de volumes publicados até final da década dos setenta. Tamén outros dous nomes de primeira liña do panorama literario captan a súa atención de estudoso e divulgador. A Fernando Pessoa dedica un ensaio seminal titulado Diversidade e Unidade em Fernando Pessoa- impreso por primeira vez en 1947. O outro autor é Teixeira de Pascoaes, sobre quen redacta varios artigos, responsabilizándose tamén da organización e anotacións críticas das súas Obras Completas. E moitos máis escritores, dos cales cumpre destacar Camões, Almeida Garrett, Eça de Queirós ou Fialho de Almeida, foron obxecto da súa atención crítica.

O traballo académico de Prado Coelho mostra preocupacións moi propias da axenda da investigación europea a partir da segunda pos-guerra. As reflexións consagradas á estilística, historia, literatura comparada ou mesmo á teoría literaria - neste particular as teses da chamada estética da recepción van levalo a organizar na Facultade de Letras un seminario sobre Socioloxía da Lectura - serán unha constante ao longo da súa vida, en paralelo coa sistemática organización dun discurso pedagóxico sobre o ensino da literatura. Entre 1975 e 1984 dirixe a revista Colóquio/Letras, editada pola Fundación Gulbenkian.

Foi presidenete da Sociedade Portuguesa de Escritores cando, en 1965, ocorre o lance máis dramático da vida do gremio: sanciona a asignación dun premio a Luandino Vieira, declarado opositor angolano do réxime salazarista, razón bastante para as autoridades políticas procederen ao peche das instalacións da Sociedade.[5]

Jacinto do Prado Coelho morreu na mañá de 19 de maio de 1984, na súa residencia en Lisboa.[5]

O Concello de Lisboa homenaxeou o filólogo dando o seu nome a unha rúa en Telheiras Norte.[6]

Participou en 7 ensayos sobre Rosalía co apartado "O classico e o prazenteiro en Rosalía". É o autor do limiar de Lúa de Alén-mar: 1939-1958 de Ernesto Guerra da Cal.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Introdução ao Estudo da Novela Camiliana (1946). monografía. Ed. de 2001: Imprensa Nacional Casa da Moeda, 496 páxs. ISBN 978-9722710770.
  • Diversidade e Unidade em Fernando Pessoa (1949). Ed. de 2007: Verbo, 184 páxs. ISBN 978-9722226110.
  • O vocabulario e a frase de Matias Aires (1955). Centro de Estudos Filológicos.
  • Dicionário de Literaturas Portuguesa, Galega e Brasileira, estilística literaria. (1960). 5 vols. (Director)
  • Problemática da História Literária (1961). Edições Atica. 316 páxs.
  • A Letra e o Leitor (1969) Ensaios. Portugália. ISBN 9789724816852.
  • Ao contrário de Penélope (1976) Ensaios. Livraria Bertrand. 305 páxs.
  • A Originalidade da Literatura Portuguesa (1977). Instituto De Cultura e Língua Portuguesa. 90 páxs.
  • Antologia da Ficção Portuguesa Contemporânea (1979). Con Álvaro Salema. Presidência do Conselho de Ministros, Secretaria de Estado da Cultura, Instituto de Cultura Portuguesa. 359 páxs.
  • Camões e Pessoa, poetas da utopia (1983). Publicacoes Europa-América. 220 páxs.
  • Pessoa-Soares e a cultura em língua francesa (1983). Fond. Coalouste Gulbenkian. Centre Culturel Portugais.
  • A "nouvelle critique" em Portugal (1984). París : Fond. Calouste Gulbenkian. Centre Cult. Port.

Escolmas[editar | editar a fonte]

  • Poetas Pré-Românticos (1960). Colecção literária "Atlântida"
  • O Rio de Janeiro na Literatura Portuguesa (1965). Edicao da Comissao Nacional das Comemoracoes do IV Centenario do Rio de Janeiro Lisboa.
  • Poetas do Romantismo (1965). Livraria clássica editora.

Premios[editar | editar a fonte]

  • En 1983 foi feito Grã-Cruz da Ordem da Instrução Pública portuguesa, en 3 de agosto.[7]
  • En 1984 foi feito Grande-Oficial da Orde Militar de Sant'Iago da Espada‎, a 19 de setembro.
  • Premio Jacinto do Prado Coello, ensaio.[8]

Homenaxes[editar | editar a fonte]

  • Afectos às letras. Homenagem da literatura portuguesa contemporânea a Jacinto do Prado Coelho (1984), Lisboa. Imprensa Nacional-Casa da Moeda.
  • O domínio do instável. A Jacinto do Prado Coelho (2008). Edições Caixotim. Porto 376 páxs. ISBN 978-9898100238.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jacinto Prado Coelho - Século XX - Centro Virtual Camões - Camões IP". cvc.instituto-camoes.pt. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2019. Consultado o 2020-03-14. 
  2. "Biblioteca Municipal de Lisboa" (PDF). hemerotecadigital (en portugués). Consultado o 14/03/2020. 
  3. "Biblioteca de Lisboa" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisbia (en portugués). Consultado o 14/03/2020. 
  4. "Hemeroteca Digital" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt (en portugués). Consultado o 14/03/2020. 
  5. 5,0 5,1 "Jacinto do Prado Coelho morreu esta manhá". casacomum.org (en portugués). Consultado o 2020-03-14. 
  6. "A Rua que homenageia Jacinto Prado Coelho em Telheiras". Toponímia de Lisboa (en portugués). 2016-01-22. Consultado o 2020-03-14. 
  7. "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "Jacinto Almeida do Prado Coelho". 
  8. Portugal, Rádio e Televisão de. "Prémio Jacinto do Prado Coelho para ensaios de Carlos Nogueira sobre literatura infantil". Prémio Jacinto do Prado Coelho para ensaios de Carlos Nogueira sobre literatura infantil (en portugués). Consultado o 2020-03-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]