Xosé Cuíña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Cuíña Crespo»)
Infotaula de personaXosé Cuíña

Estatua de Xosé Cuíña en Lalín.
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1950 Editar o valor em Wikidata
Lalín, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de decembro de 2007 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Presidente da Deputación de Pontevedra
Deputado do Parlamento de Galicia
Alcalde de Lalín
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosRafael Cuíña Editar o valor em Wikidata
IrmánsEladio Cuíña Crespo Editar o valor em Wikidata

Xosé Cuíña Crespo, nado en Prado (Lalín) o 25 de febreiro de 1950 e finado en Santiago de Compostela o 28 de decembro de 2007, foi un empresario e político galego.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Alcalde de Lalín[editar | editar a fonte]

Fillo dun muiñeiro, logo de estudar algúns anos da carreira de Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, foi concelleiro en Lalín na última corporación franquista e accedeu como independente á alcaldía de Lalín nas primeiras eleccións democráticas.

Posteriormente ingresou no Partido Popular de Galicia co que continuou á fronte da alcaldía dezá gañando as eleccións municipais de 1983 e 1987 con maioría absoluta, posto que simultaneou co de presidente da Deputación de Pontevedra entre 1987 e 1990, e co de deputado no Parlamento de Galicia dende 1987.

Conselleiro de Obras Públicas[editar | editar a fonte]

Logo das eleccións que lle outorgaron a maioría absoluta ao Partido Popular de Manuel Fraga, en 1990, Xosé Cuíña converteuse no home forte do executivo ao ocupar a carteira de conselleiro de Obras Públicas. Dende este cargo, impulsou unha rede de vías de alta capacidade entre as que se atopan: a autoestrada Coruña-Carballo A55, a autoestrada Vigo-Baiona A57, a autovía Ferrol-As Pontes, o corredor central Lalín-Chantada-Monforte CRG2.1, a vía rápida do Salnés VRG-4.1 e a vía rápida da Barbanza VRG-1.1. Tratábase con elas de poñer fin ao tradicional déficit galego en comunicacións terrestres. Así mesmo, dispuxo a redacción da Lei 10/1995 de Ordenación do Territorio de Galicia, aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia aínda que de escaso desenvolvemento e execución. Co fin de poñer fin ao caos urbanístico de Galicia e frear a desaparición da arquitectura rural asinou coas sete cidades de Galicia, así como como outros concellos diversos e a FEGAMP o Acordo Marco para a reforma do urbanismo de Galicia de data 27 de xullo de 2001 [1]. Froito dese acordo foi a Lei 9/2002 de 30 de decembro de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia. Esta lei supuxo unha maior protección do litoral coa ampliación da servidume de costas de 100 aos 200 metros dende o dominio público marítimo terrestre. A través do Instituto Galego da Vivenda e Solo e as empresas públicas Xestur creou máis de 6 millóns de metros cadrados de superficie neta industrial e comercial nos 39 parques construídos [2]. Puxo en marcha uns programa de rehabilitación de vivenda rural e a erradicación do chabolismo e da infravivenda con máis de 30.000 actuacións[3]. Espallou pola xeografía do país diversas actuacións en materia de equipamentos urbanos (Conservatorio de Lalín, edificio multiúsos de Vilalba, recinto feiral de Pontevedra, Sala de Congresos e exposicións de Baiona, auditorios de Cerceda, Cangas, Vilagarcía de Arousa, Ourense,...). Creou o ente Portos de Galicia a través do que dispuxo a mellora ou construción de peiraos, fondeadoiros, lonxas e instalacións náutico-deportivas.

Secretario Xeral do PPdG[editar | editar a fonte]

Simultaneou este cargo tamén co de secretario xeral do partido incidindo na liña galeguista aberta por Manuel Fraga consonte o concepto de autoidentificación e a proposta de administración única. Así, na asemblea do PPdG de 24 de abril de 1991, defendeu un nacionalismo ben entendido "ata a fronteira da autodeterminación"[4]. A súa popularidade tiña como expresión os baños de masas da romaría do Monte Faro, concibida como unha xornada festiva e de reafirmación galeguista do PPdG que concentraba na súa Comarca do Deza aos máximos dirixentes do Partido.

Caída[editar | editar a fonte]

Pero a partir de 1999 o seu poder comezou a esluírse. Primeiro é substituído neste cargo da organización en 1999 por Xesús Palmou, e logo, en 2003, do posto de conselleiro por Alberto Núñez Feijóo[5]. A súa destitución, producida o 13 de xaneiro de 2003, foi derivada da crise do Prestige, e estivo supostamente motivada pola venda, por parte dunha empresa da súa familia de 8.500 traxes de auga e 3.000 pas aos equipos de limpeza do fuel a empresa Tragsa. Porén, estas acusacións nunca chegaron a probarse xudicialmente. O certo é que na Xunta "houbo serias discrepancias entre un bando encabezado por Cuíña, que avogaba por actuar máis e con autonomía respecto do goberno central e outro que prefería ir a remolque do que decidise Madrid" [6]

Cuíña, que abandeirara posturas galeguistas dentro do Partido Popular, tentou reunir apoios para recuperar a presidencia do Partido Popular á marcha de Fraga. Porén, e malia diversos contactos con Xosé Luís Baltar, non conseguiu xuntar as sinaturas necesarias para competir polo posto. Mantivo a súa acta de deputado no Parlamento pola provincia de Pontevedra ata o seu falecemento.


Predecesor:
Luis González Taboada
 
Alcalde de Lalín
 
1979 - 1990
Sucesor:
Xosé Crespo
Predecesor:
Fernando García del Valle
 
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1987 - 1990
Sucesor:
César Mera
Predecesor:
Antolín Sánchez Presedo
 
Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas
 
1990 - 2003
Sucesor:
Alberto Núñez Feijóo

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Faleceu aos 57 anos vítima dun choque séptico como consecuencia dunha pneumonía[7]. O seu cadaleito foi sepultado coa bandeira de Galicia e logo de que se interpretase o himno galego.

Foi nomeado fillo predilecto de Lalín en 2008[8].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galicia 2003, Xunta de Galicia ISBN 84-453-3459-X pax. 333
  2. Galicia 2003, opus cit. pax 340
  3. Galicia 1997, Xunta de Galicia ISBN 84-453-1915-9, pax. 275
  4. A gran historia de Galicia, XIV, Volume 2, Os primeiros pasos da autonomía. Ed. La Voz de Galicia, 2007, pax. 125. ISBN 978-84-96931-32-9
  5. Artigo en El Mundo sobre o destacado papel de Cuiña na política galega con mención á rebelión dos deputados ourensáns. (en castelán)
  6. A Gran Historia de Galicia, opus cit. pax.193
  7. Xosé Cuiña deixa orfa a dereita galeguista Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Galicia Hoxe
  8. Xosé Cuíña ya es hijo predilecto de Lalín por acuerdo unánime Arquivado 25 de abril de 2008 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 25/04/08

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]