Fernando García del Valle
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1921 Madrid |
| Morte | 4 de agosto de 2011 Vigo |
| 1986 – 1987 ← Mariano Rajoy – Xosé Cuíña → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Fernando García del Valle, nado en Madrid en 1921 e finado en Vigo o 4 de agosto de 2011, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Física, fixo carreira como enxeñeiro. Chegou a Vigo na década dos 50. Foi presidente de Tecnaco e da conserveira Alfageme. Tamén foi conselleiro de Caixa de Aforros Municipal de Vigo e cónsul honorario de Chile en Galicia.
Presentouse á alcaldía de Vigo nas municipais de 1983 encabezando a candidatura da Coalición Popular, pero non logrou a alcaldía, quedando como xefe da oposición. En 1986 foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra.
| Predecesor: Mariano Rajoy |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1986 - 1987 |
Sucesor: Xosé Cuíña |