VG-1.1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
VG-1.1
Vía de Alta Capacidade do Barbanza

Vista do viaduto da ría de Arousa (700 m) no 2005.
Tipoloxíavía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Dimensións
Lonxitude40,06 km
Localización
Inicio N-550  Padrón
Fin AC-550  Ribeira
Circulación
Velocidade máxima100 km/h

A Vía de Alta Capacidade do Barbanza foi unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que discorría entre Padrón e Ribeira, deseñada como unha estrada limitada a 100 km/h (velocidade máxima para vías de alta capacidade e altas prestacións, 90 km/h na actualidade). O percorrido contaba cun total de 40,06 quilómetros e 1 só carril en cada sentido.

Descrición[editar | editar a fonte]

Como precedente á construción desta vía para automóbiles, a finais do ano 1984,[1] comezaron as obras do tramo, non proxectado coma "vía rápida", senón, coma unha variante ó sur de Padrón para desconxestionar o tráfico entre a travesía de Lestrobe (conexión coa estrada nacional N-550) e a estrada comarcal C-550 duns 1,6 quilómetros de lonxitude. Nesta primeira intervención non se fixo a conexión coa autoestrada do Atlántico AP-9 que, posteriormente, foi inaugurada a finais do ano 1990,[2][3] enlazando co tramo de Santiago de Compostela (sur)-Padrón. Esta antedita variante foi inaugurada por Gerardo Fernández Albor, o 29 de outubro de 1985[4] contado cun investimento duns 311 millóns de pesetas.

Variante sur de Padrón en 1985 e conexión da VG-1.1 coa autoestrada do Atlántico AP-9 en 1990.

A finais de 1989[5][6] comezaron as obras do tramo Dodro-Rianxo como primeiro tramo duns 10,8 quilómetros de lonxitude, proxectada como "autovía comarcal" que logo se modificou a "vía comarcal" e foi inaugurado por Xosé Cuíña, o 22 de abril de 1992,[7][8] cun investimento duns 775 169 640 de pesetas. Os dous seguintes tramos, Boiro-A Pobra do Caramiñal e A Pobra do Caramiñal-Ribeira duns 17 quilómetros de lonxitude foron inaugurados por Manuel Fraga o 30 de xullo de 1994,[9] cun investimento de máis de 2 200 millóns de pesetas. O seguinte tramo Rianxo-Boiro que completaba o percorrido sen o acceso directo á autoestrada do Atlántico AP-9 e N-550, foi inaugurado o 11 de novembro de 1994[10][11] e contou cuns 6,5 quilómetros de lonxitude e un investimento duns 1 800 millóns de pesetas.

O derradeiro tramo, a conexión coa variante sur de Padrón, co tramo Padrón-Dodro foi inaugurado por Manuel Fraga, o 23 de xuño de 2001,[12][13][14] duns 9 quilómetros de lonxitude e un investimento duns 1 600 millóns de pesetas (9 616 540 ), á parte duns 1,6 quilómetros da variante sur de Padrón que foi reformada para transformala en vía de alta capacidade.

O 16 de decembro de 2008,[15][16][17][18] tras varios tramos parciais, o percorrido completo foi transformado en autovía AG-11 na súa totalidade dende Padrón ata Ribeira; despois de 23 anos como vía rápida deixou de figurar oficialmente na lista da Rede de estradas de Galicia.

A vía rápida do Barbanza foi dende a súa posta en servizo no ano 1992 unha das vías máis perigosas de Galicia,[19] cun total de 56 mortos ata a súa conversión en autovía no ano 2008.[20][21][22][23]

Tramos[editar | editar a fonte]

Tramos orixinais[editar | editar a fonte]

Denominación Tramo Quilómetros Ano de entrada en servizo
Variante sur de Padrón  N-550  Padrón -  AC-305   AC-307  Lestrobe 1,6 1985[4][24]
Enlace coa autoestrada do Atlántico  AP-9  1990[2][3]
 VG-1.1   N-550  Padrón -  AC-305   AC-307  Lestrobe 2001[12][13][14]
 AC-307   AC-305  Lestrobe -  AC-305  Bexo 8
 VG-1.1   AC-305  Bexo -  DP-7204  Taragoña 10,8 1992[7][8]
 VG-1.1   DP-7204  Taragoña -  AC-305  Boiro 4,2 1994[10][11]
 VG-1.1   AC-305  Boiro -  AC-550   DP-7301  Ribeira 17 1994[9]

Conversión en autovía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: AG-11.
Denominación Tramo Quilómetros Ano de entrada en servizo
 AG-11   N-550   AP-9  Padrón -  AC-305   AC-307  Lestrobe 1,5 1 carril por sentido: 2008[25][26][27]
2 carrís por sentido: 2008[15][16][17][18]
 AG-11   AC-305   AC-307  Lestrobe -  DP-7203  Rianxo 15,5 1 carril por sentido: 2008[25][26][27]
2 carrís por sentido: 2008[15][16][17][18]
 AG-11   DP-7203  Rianxo -  AC-305  Boiro 6 1 carril por sentido: 2008[28][29][30]
2 carrís por sentido: 2008[15][16][17][18]
 AG-11   AC-305  Boiro -  DP-7310  Palmeira 15 1 carril por sentido: 2008[31][32][33][34]
2 carrís por sentido: 2008[15][16][17][18]
 AG-11   DP-7301  Palmeira -  AC-550   DP-7301  Ribeira 2 1 carril por sentido: 2008[25][26][27]
2 carrís por sentido: 2008[15][16][17][18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Adjudicadas obras por importe superior a los 4.700 millones". La Voz de Galicia. 20-12-1984. [Ligazón morta]
  2. 2,0 2,1 "Cosculluela inauguró, con más de una hora de retraso, la autopista entre Santiago y Padrón". La Voz de Galicia. 01-12-1990. [Ligazón morta]
  3. 3,0 3,1 "Inauguración do treito Santiago - Padrón da autoestrada do Atlántico (AP-9)". CRTVG. 30-11-1990. Consultado o 13-12-2023. 
  4. 4,0 4,1 "La variante inaugurada ayer no perjudica a Padrón, según el alcalde". La Voz de Galicia. 30-10-1985. [Ligazón morta]
  5. "Adjudicadas por la Xunta las obras del tramo de autovía comarcal que corresponde a Rianxo". La Voz de Galicia. 06-01-1989. [Ligazón morta]
  6. "Someten a concurso el proyecto del segundo tramo del nuevo vial comarcal". La Voz de Galicia. 29-11-1989. [Ligazón morta]
  7. 7,0 7,1 "Abierto al tráfico el primer tramo de la vía de acceso a Arousa Norte". La Voz de Galicia. 23-04-1992. [Ligazón morta]
  8. 8,0 8,1 "Cuiña Crespo presidió la inauguración del primer tramo de la vía rápida de Arousa Norte". La Voz de Galicia. 23-04-1992. [Ligazón morta]
  9. 9,0 9,1 "Abiertos al tráfico dos tramos de la vía rápida del Barbanza". La Voz de Galicia. 31-07-1994. [Ligazón morta]
  10. 10,0 10,1 "La totalidad de la vía rápida de Barbanza ya está abierta al tráfico". La Voz de Galicia. 12-11-1994. [Ligazón morta]
  11. 11,0 11,1 "Entra en funcionamiento el último tramo de la vía rápida de Barbanza". La Voz de Galicia. 12-11-1994. [Ligazón morta]
  12. 12,0 12,1 "La Xunta abrió el tramo de la vía rápida entre Padrón y A Vacariza". La Voz de Galicia. 24-06-2001. [Ligazón morta]
  13. 13,0 13,1 "La Xunta abrió el último tramo de la vía rápida". La Voz de Galicia. 24-06-2001. [Ligazón morta]
  14. 14,0 14,1 "La Xunta abrió el último tramo de la vía rápida que conecta la comarca de Barbanza con Padrón". La Voz de Galicia. 24-06-2001. [Ligazón morta]
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 "La autovía de Barbanza está operativa al 100% tras 26 meses de obras". La Voz de Galicia. 16-12-2008. [Ligazón morta]
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 "Barbanza estrena una autovía de 40 kilómetros tras 26 meses de obras". La Voz de Galicia. 16-12-2008. [Ligazón morta]
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 17,5 "La autovía se inauguró en un multitudinario acto preñado de polémica". La Voz de Galicia. 16-12-2008. [Ligazón morta]
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 18,5 "Alcaldes del PP se sumaron al acto de inauguración de la autovía". La Voz de Galicia. 16-12-2008. [Ligazón morta]
  19. Pena, José Manuel (13-07-2005). "La carretera de la muerte". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 14-12-2023. 
  20. "A Autovía de Barbanza ábrese ao tráfico tras máis de dous anos en obras". La Opinión A Coruña. 16-12-2008. Consultado o 14-12-2023. 
  21. "Estudo especial sobre a alta sinistralidade no Barbanza". Faro de Vigo. 10-01-2006. Consultado o 14-12-2023. 
  22. "Barbanza estrenará mañana la autovía tras 14 años de 'vía crucis'". El Correo Gallego (en castelán). 14-12-2008. Consultado o 14-12-2023. 
  23. Hermida, Xosé (08-01-2006). "Rápida y letal". El País (en castelán). Consultado o 13-12-2023. 
  24. "El inicio de un nuevo itinerario". La Voz de Galicia. 28-10-1985. [Ligazón morta]
  25. 25,0 25,1 25,2 "Caride inspeccionará los dos carriles de la autovía que se abrirán al tráfico esta tarde". La Voz de Galicia. 18-03-2008. [Ligazón morta]
  26. 26,0 26,1 26,2 "Dos carriles de autovía, de Dodro a Rianxo, quedarán abiertos al tráfico esta tarde". La Voz de Galicia. 18-03-2008. [Ligazón morta]
  27. 27,0 27,1 27,2 "El tramo Dodro-Rianxo de la Autovía de O Barbanza se abrirá hoy parcialmente al tráfico". La Region Internacional. 18-03-2008. Consultado o 13-12-2023. 
  28. "El vial de acceso a Barbanza ya dispone de dos carriles abiertos desde Padrón a Ribeira". La Voz de Galicia. 08-07-2008. [Ligazón morta]
  29. "Los escasos enlaces convierten el acceso a Barbanza en un caos". La Voz de Galicia. 08-07-2008. [Ligazón morta]
  30. "Los alcaldes piden a Caride que agilice los accesos a la autovía". La Voz de Galicia. 08-07-2008. [Ligazón morta]
  31. "La apertura de un nuevo tramo eleva a 34 los kilómetros de autovía provisional de Padrón a Ribeira". La Voz de Galicia. 01-07-2008. [Ligazón morta]
  32. "El acceso a Barbanza sale del caos con 34 kilómetros de trazado provisional". La Voz de Galicia. 01-07-2008. [Ligazón morta]
  33. "Los alcaldes arremeten contra Caride por los retrasos en la apertura de tramos de la autovía". La Voz de Galicia. 01-07-008. [Ligazón morta]
  34. "Los alcaldes de Ribeira, A Pobra y Boiro acusan a Caride de faltarles al respecto de forma sistemática". La Voz de Galicia. 01-07-2008. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]