César Mera
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de marzo de 1945 A Cañiza, España |
| 1990 – 1995 ← Xosé Cuíña – Manuel Abeledo → | |
| 1976 – 2011 – Miguel Domínguez Alfonso → | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Partido Popular |
| Membro de | |
César José Mera Rodríguez, nado na Cañiza o 7 de marzo de 1945, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi nomeado alcalde da Cañiza en xaneiro de 1976. En 1979 encabezou a candidatura de UCD e foi reelixido cunha ampla maioría absoluta, con 12 dos 13 concelleiros. En 1983 pasou a formar de Alianza Popular (logo Partido Popular) e revalidaría a alcaldía con maioría absoluta nos sucesivos comicios ata que en 2011 renunciou a presentarse á reelección e abandonou a primeira liña política.
Foi deputado na Deputación de Pontevedra a partir de 1979. Foi o seu vicepresidente a partir de 1987, sendo presidente Xosé Cuíña. Trala dimisión deste para ser Conselleiro na Xunta de Galicia pasou a ocupa-la presidencia a comezos de 1990, manténdose no cargo ata 1995. Foi Senador electo por Pontevedra na V, VI, VII e VIII lexislaturas (1993-2008).
| Predecesor: Antonio Romero Pacheco |
Alcalde da Cañiza 1976 - 2011 |
Sucesor: Miguel Domínguez Alfonso |
| Predecesor: Xosé Cuíña |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1990 - 1995 |
Sucesor: Manuel Abeledo López |