Xoán López d'Ulloa
Aparencia
(Redirección desde «Johan Lopez de Ulhoa»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Galicia, España |
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Xoán López d'Ulloa[1] ou Johan Lopez de Ulhoa foi un trobador galego do século XIII.[2]
Biografía
[editar | editar a fonte]Pertencería a unha familia nobre implantada nas proximidades do río Ulla, da zona de Monterroso. É fillo de Lopo Rodriguez de Ulhoa e de María Fernández Batissela, cuñado do tamén trobador Fernan Paez de Talamancos. Foi cabaleiro dunha orde militar e sábese que estivo en Portugal, casou con Sancha Lourenço Taveira, establecéndose na Estremadura portuguesa.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]Consérvanse 18 cantigas. Son once cantigas de amor e sete cantigas de amigo.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-18.
- ↑ "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-05-01.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-05-01.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-05-01.