Banjo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banjo.

O banjo[1] é un instrumento musical de corda, de orixe africana, que ten de catro a seis cordas afinadas de formas diversas, aínda que o máis común ten cinco, unha delas máis curta. O banjo stá afinado da seguinte maneira: Sol-Do-Sol-Si-Re. A versión de seis cordas afínase e tócase de forma semellante a unha guitarra. O corpo do banjo moderno é de metal, cunha membrana plástica onde se seguran as cordas e cun mastro similar ao dunha guitarra.

As primeiras formas do instrumento xurdiron dentro da poboación africana dos Estados Unidos de América, como adaptacións de instrumentos africanos de deseño semellante.[2][3] O banjo adoita asociarse co country, folk, coa música irlandesa e co bluegrass, aínda que tamén se pode escoitar en moitos outros xéneros musicais. Os banjos acústicos modernos máis comúns son o banjo con resoador e o banjo aberto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrada banjo en Digalego
  2. Bluegrass Music: The Roots." International Bluegrass Music Association. 25 de agosto de 2006. (en inglés)
  3. Odell, Jay Scott. "Banjo.". Grove Music Online. Oxford Music Online. Oxford University Press. Consultado o 23 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Banjo Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Conway, Cecelia (1995). African Banjo Echoes in Appalachia: A Study of Folk Traditions (en inglés). University of Tennessee Press. ISBN 0-87049-893-2. 
  • Gura, Philip F.; Bollman, James F. (1999). America's Instrument: The Banjo in the Nineteenth Century (en inglés). University of North Carolina Press. ISBN 0-8078-2484-4. 
  • Katonah Museum of Art (2003). The Birth of the Banjo (en inglés). Nova York: Katonah Museum of Art. ISBN 0-915171-64-3. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.