Harlem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Teatro Apollo sobre da rúa 125, en novembro de 2006.

Harlem é un barrio da sección norte da cidade de Nova York, no distrito de Manhattan. Dende a década de 1920, Harlem foi o centro residencial, cultural e de negocios dunha maioría afroamericana. Orixinalmente unha vila neerlandesa fundada en 1658,[1] o seu nome provén da cidade de Haarlem, nos Países Baixos. A historia de Harlem definiuse por ciclos de bonanza e crise, con significativas variacións de poboación con cada ciclo.[2]

Os residentes afroamericanos comezaron a chegar en masa en 1905, con números incrementados pola Gran Migración. Nas décadas de 1920 e 1930, Harlem Central e Occidental foron o berce do "Renacemento de Harlem", un florecemento da creación artística sen precedentes na comunidade negra. Porén, o aumento do paro na época da Gran Depresión e a desindustrialización de Nova York despois da II Guerra Mundial, incrementou os índices de criminalidade e pobreza.[3]

Coa revitalización da cidade de Nova York a finais do século XX, Harlem experimentou un proceso de xentrificación. Malia este fluxo de nova riqueza, moita poboación sobrevive das axudas sociais, cun 34,9% na zona Occidental, un 43,3% na Central, e un 46,5% na Oriental.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pierce, Carl Horton, et al. New Harlem Past and Present: the Story of an Amazing Civic Wrong, Now at Last to be Righted. New York: New Harlem Pub. Co., 1903.
  2. "Harlem History |". Harlemworldmag.com. Consultado o 19 de abril de 2016. 
  3. http://harlemworldmag.com/about/history/
  4. http://www.nyc.gov/html/dcp/pdf/pub/mnneeds_2012.pdf

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]