Glenn Miller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Glenn Miller
Glen miller.jpg
Nome completoAlton Glenn Miller
Nacemento1 de marzo de 1904
 Clarinda
Falecemento15 de decembro de 1944
 Canal da Mancha
Causaaccidente ou incidente de aviación
SoterradoGrove Street Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enUniversidade do Colorado em Boulder e Universidade do Colorado
Ocupaciónmúsico de jazz, líder de banda, compositor, music arranger, director de orquestra e músico
PremiosEstrela de Bronze e Grammy á carreira artística
editar datos en Wikidata ]

Alton Glenn Miller (1 de marzo de 1904 - 15 de decembro de 1944) foi un músico de jazz americano da época do Swing. Unha das súas cancións máis coñecidas, e probablemente a más coñecida do xénero, foi In the Mood, traducida normalmente como En forma ou De bo humor.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Busto de Glenn Miller en Bedford.

Nado da relación entre Elmer Miller e Mattie Lou Cavender, iniciouse na música cando o seu pai lle regalou unha mandolina, que logo cambiou por unha corneta, primeiro instrumento de vento que tocou. Nesa época a familia Miller vivía en Tryon, Nebraska. Pasou a súa infancia en Nebraska e Oklahoma ata que a familia se instalou definitivamente en Colorado, onde aos doce anos abandonou a corneta para comezar a estudar a técnica do trombón e a tocalo na banda do seu colexio. Sendo estudante universitario, Miller realizou audicións e tocaba sempre que se lle presentaba a oportunidade. Ao descoidar os seus estudos e suspender en tres dos seus seis cursos decidiu abandonar a universidade, dedicándose por completo á música.[1] Converteuse en trombón profesional e uniuse á banda do célebre batería Ben Pollack, nunha xira por California. Nesa banda o clarinete era o que sería "rei do swing" Benny Goodman.

En 1927 a orquestra chegou a Nova York e Miller decidiu deixala para tocar pola súa conta en clubs, programas de radio e espectáculos musicais, ata o ano 1932. En 1935, Ray Noble, director de orquestra británico, encargoulle organizar unha banda de swing e durante dous anos alternou a dirección da orquestra coas actuacións en pequenos locais. En 1938, tras varios intentos frustrados decidiu formar a súa propia "Big Band", sendo o seu primeiro grande éxito foi "Moonlight Serenade". Esta canción é unha das máis reproducidas de toda a historia dos Estados Unidos e está considerada como a máis representativa de Miller e como unha das máis importantes da historia musical dese país. Un contrato no casino de Glen Island en New Rochelle, en Nova York, abriulle as portas a unha carreira triunfal que se mantivo ata o final da súa vida. Ao mesmo tempo que a orquestra triunfaba nas salas de baile, a banda adquiriu unha enorme popularidade nos Estados Unidos debido á emisión das súas actuacións nun programa de radio que era transmitido de costa a costa no país, e que estaba patrocinado pola marca de cigarros "Chesterfield".

Éxito[editar | editar a fonte]

En 1937 Miller formou unha segunda banda, que conseguiu rapidamente o éxito de público, que enchía os seus concertos, e que deu lugar a unha serie de gravacións para as multinacionais discográficas RCA Victor e His Master's Voice. Dende xuño de 1938 Miller ocupou os primeiros postos de varias listaxes de música popular, e mantívose así máis dun ano. A principios de 1940 a canción "In the Mood" estivo no número un quince semanas consecutivas, e seguiuna "Tuxedo Junction", que mantivo a Miller no número un ata o verán. O 11 de febreiro de 1941, Miller obtivo o primeiro disco de ouro por "Chattanooga Choo Choo".

En 1942, durante a segunda guerra mundial, alistouse nas Forzas Aéreas, onde recibiu o rango de capitán e onde se encargou de tocar para as tropas estadounidenses desprazadas a Europa.

Falecemento[editar | editar a fonte]

Trala liberación de París a Miller encargóuselle realizar unha xira de seis semanas alí e noutras cidades europeas en poder dos aliados. Miller, que acababa de ser ascendido a maior, pasou a noite discutindo cun amigo os seus plans de formar unha banda na posguerra e logo retirarse a un terreo que comprara en California.[2]

O día siguiente, 15 de decembro de 1944, partiu nun avión monomotor dende o aeródromo de Twinwood, a 50 millas ao norte de Londres, en dirección a París. O piloto da nave tamén se dirixía á cidade, na que estaba a punto de ser sometido a unha corte marcial por acusacións de traficar no mercado negro. Os informes indican que había un terceiro pasaxeiro no voo.[3]

O avión desapareceu, mais como nunca se atoparon os cadáveres de Miller nin dos seus acompañantes, creáronse lendas que o supuñan vivo. En 1985 o investigador Clive Ward descubriu un Noorduyn Norseman, similar ao avión en que viaxou Miller preto da costa norte de Francia mais non puido verificarse a existencia de restos humanos no seu interior.

A pesar da desaparición do músico, a banda continuou as súas actividades baixo a dirección de Jerry Gray ata o 13 de novembro de 1945, cando fixo a súa última presentación ante o presidente Harry Truman, en Washington. O maior Glenn Miller foi o único membro da banda que non sobreviviu á guerra.

Discografía[editar | editar a fonte]

En 1991 a discográfica RCA puxo á venda unha colección de 13 CD con todos os temas gravados para esa firma. A compilación contaba cun total de 286 títulos.

Cinema[editar | editar a fonte]

En 1953 Anthony Mann rodou o filme biográfico "The Glenn Miller Story", en que James Stewart interpretaba a Glenn Miller.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]