Cool jazz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O cool jazz é un estilo de jazz que apareceu a finais da década de 1940 en Nova York.

En 1946, logo da II Guerra Mundial, houbo unha afluencia de músicos de jazz californianos (predominantemente brancos) a Nova York. Unha vez alí, estes músicos misturáronse cos músicos de bebop maiormente afroamericanos, mais sendo moi influídos por músicos de swing tales coma Lester Young (Prez) ou Coleman Hawkins (Bean), incorporando un ton máis doce. O produto, cool jazz, era un estilo de jazz máis lixeiro e romántico có bebop, o cool jazz tomou unha perspectiva relaxada e simple do ritmo mantendo as ideas harmónicas do bebop. A Claude Thornhill Orchestra co arranxista Gil Evans gravou cool jazz dende finais dos 40. O tema máis popular de Thornhill, "Snowfall", aínda se toca hoxendía. Outros músicos de cool jazz dos 40 foron Lennie Tristano (xunto cos seus compañeiros Billy Bauer e Warne Marsh) ou Bill Evans. O estilo medrou sobre todo nos 50, chamando a atención de músicos coma Miles Davis, de quen as súas gravacións Birth of the Cool (1957) e Kind of Blue (1959) convertéronse nos álbunes de jazz máis populares xamais producidos.