Ante Žižić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ante Žižić
Ante Žižić - Cleveland Cavaliers vs. Brooklyn Nets (cropped).jpg
Anadolu Efes  – No. 41
Información persoal
Nacemento 4 de xaneiro de 1997 (26 anos)
Croacia Split, Croacia
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 115 kg (254 lb)
Posición Pivote
Liga BSL / Euroliga
Información da carreira
NBA Draft 2016 / Rolda: 1 / Elección: 23
Por Boston Celtics
Carreira 2013−presente
Historial de equipos
Ribola Kaštela (2013–2014)
Cibona (2014–2016)
Gorica (2014)
Darüşşafaka (2016–2017)
Cleveland Cavaliers (2017–2020)
Canton Charge (2017–2018)
Maccabi Tel Aviv (2020–2022)
Anadolu Efes (2022–presente)

Ante Toni Žižić, nado o 4 de xaneiro de 1997 en Split, é un xogador croata de baloncesto profesional que xoga para o Anadolu Efes da Basketbol Süper Ligi turca. Cunha altura de 2,11 metros, xoga na posición de pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 24 de xuño de 2016, Žižić foi elixido na 23ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Boston Celtics.[1] O 1 de xullo de 2017, Žižić asinou cos Celtics.[2] Sen chegar a debutar con Boston, Žižić foi traspasado xunto a Isaiah Thomas, Jae Crowder e unha elección do Draft de 2018 ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Kyrie Irving, o 22 de agosto de 2017.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Boston Celtics 2016 Draft Results". NBA.com. 24 de xuño de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  2. "Celtics Sign Jayson Tatum, Ante Zizic". NBA.com. 1 de xullo de 2017. Consultado o 1 de xullo de 2017. 
  3. "Celtics Acquire Four-Time All-Star Kyrie Irving". NBA.com. 22 de agosto de 2017. Consultado o 22 de agosto de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]