Condado de Tyrone
| Tír Eoghain (ga) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Reino Unido | ||||
| País | Irlanda do Norte | ||||
| Capital | Omagh | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 177.986 (2011) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 3.155 km² | ||||
| Bañado por | Lago Neagh | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
O Condado de Tyrone (Contae Tír Eoghain en irlandés, Coontie Owenslann en escocés do Ulster[1]) é o maior dos seis condados de Irlanda do Norte, un dos condados tradicionais da illa de Irlanda, que se localiza na provincia do Ulster.
Posúe unha área de 3,155 km² e é o sétimo dos 32 condados irlandeses en tamaño e o oitavo por poboación[2]. É o segundo máis grande dos 9 condados da provincia do Ulster e o cuarto por poboación.
A capital de Tyrone é Omagh. Castlederg e Coalisland son outras poboacións importantes. Antigamente Tyrone chegaba até o Lago Foyle, no norte, incluíndo parte do actual Condado de Londonderry.
Divídese en catro distritos:
Topónimo
[editar | editar a fonte]O nome Tyrone provén do irlandés Tír Eoghain ("terra de Eógan"). Eógan/Eoghan era fillo do rei Niall Noígíallach, e irmán de Conall Gulban, quen lle deu o seu nome ao reino de Tír Chonaill.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rathgannon Sooth Owenslann Burgh Cooncil. "Oor Burgh" (en escocés). Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2013. Consultado o 21-12-09.
- ↑ Eoghan Corry (2005). The GAA Book of Lists. Hodder Headline Ireland. pp. 186–191.
- ↑ "Descrición do condado de Tyrone en Atlas and Cyclopedia of Ireland (1900)". Library Ireland. Consultado o 24 decembro 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Condado de Tyrone |
