Canle do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa en relevo do Mar de Irlanda. Os portos importantes están representados con puntos vermellos. Os portos só de carga son puntos azuis.

A Canle do Norte (en irlandés e gaélico escocés: Sruth na Maoile, en inglés: North Channel) é o estreito que separa Irlanda do Norte de Escocia. A parte máis profunda está formada polo Dique de Beaufort. Conecta o mar de Irlanda co océano Atlántico. Crúzano un gran número de transbordadores. Nel tivo lugar un grave accidente marítimo, o afundimento do transbordador Princess Victoria en 1953.

Líderes políticos protestantes de Irlanda do Norte meteron presión ao goberno británico durante décadas para que se construíse un túnel ferroviario baixo a Canle do Norte, para integrar a problemática provincia dentro do Reino Unido. A idea non prosperou.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]