Ian Paisley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ian Paisley
Ian Paisley - (cropped).png
Ian Richard Kyle Paisley
Datos persoais
Nacemento6 de abril de 1926
 Armagh
Falecemento12 de setembro de 2014
 Belfast
OrganizaciónPartido Democrático Unionista
PaiJ. Kyle Paisley
NaiIsabella Turnbull
CónxuxeEileen Paisley
FillosIan Paisley, Sharon Kyle Paisley, Rhonda Elaine Kyle Paisley, Cherith Jane Kyle Paisley e James Cassells Kyle Paisley
Alma máterUnion School of Theology
ProfesiónPolítico e líder relixioso
Relixiónpresbiterianismo
Na rede
IMDB: nm0656945 Discogs: 1252548 WikiTree: Paisley-426 Find a Grave: 135792113 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ian Richard Kyle Paisley, nado en Armagh o 6 de abril de 1926, morto en Belfast o 12 de setembro de 2014[1] foi un político e líder relixioso de Irlanda do Norte. Foi o fundador da Igrexa Libre Presbiteriana do Ulster e líder do Partido Unionista Democrático (DUP), o máis radical dos partidos maioritariamente protestantes, que abogan polo mantemento da unión de Irlanda do Norte ó Reino Unido. Fronte a eles, os católicos republicanos son partidarios da reunificación política de toda a illa de Irlanda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Paisley foi membro do parlamento inglés pola circunscrición de Antrim Norte dende 1970, e tamén membro da Asemblea de Irlanda do Norte. Foi moi crítico coa fe católica e tamén se mostrou en contra da normalización social da homosexualidade.

En 2003, o partido liderado por Paisley converteuse no máis votado de Irlanda do Norte, desbancando ó moderado Partido Unionista do Ulster (DUP). O Sinn Féin converteuse na segunda forza política. A agrupación de Paisley fora en 1998 a única forza norteirlandesa oposta ós Acordos do Venres Santo, pero moi pouco a pouco moderou levemente as súas posturas. O Acordo do Venres Santo significaba a autodeterminación para o Ulster, a entrega de armas por parte dos grupos armados nun prazo de dous anos, e a rebaixa a un terzo das condenas dos presos por delitos terroristas dos grupos que asinasen o alto o fogo.

O DUP de Paisley involucrouse no proceso, unha vez que o IRA destruíu as súas armas. En 2007 Paisley foi designado como "Ministro Principal", ou xefe do Goberno rexional do Ulster, e tivo como viceprimeiro ministro ao seu inimigo acérrimo tradicional, o "número dous" do Sinn Féin, Martin McGuinness. En 2008 foi substituído por Peter Robinson como Ministro Principal e como presidente do DUP.

Ian Paisley tamén foi o fundador da organización paramilitar Voluntarios Protestantes do Ulster, "Ulster Resistance" en inglés.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Morreu Ian Paisley, o "Sr. Não" da Irlanda do Norte". PÚBLICO. Consultado o 2015-12-25.