Castro de Lobadiz
Castro de Lobadiz | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | castro ![]() | |||
Conservación | abandono | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Ferrol | |||
Parroquia | San Xurxo da Mariña ![]() | |||
Datas | ||||
Escavación | escavado parcialmente anos 1970 | |||
Dimensións | ||||
Superficie | 0,8 | |||
Patrimonio cultural | ||||
Id. catálogo | GA15036001 | |||
[ Wikidata ] |
O castro de Lobadiz é un castro costeiro fortificado, situado nunha península na parroquia de San Xurxo da Mariña, Ferrol.
Descrición
[editar | editar a fonte]

O castro ten defensas concéntricas, cun foxo no medio; formando polo leste, sobre o istmo, un arco duns 150 metros, onde está situada a entrada actual. Da terceira liña defensiva exterior só se conservan uns metros. O resto do perímetro da península está defendido por cantís. A península mide 180 metros de N-S e outros 160 metros de L-O. No castro había un torreón xa desaparecido, pódense ver restos dalgunha vivenda rectangular e con ángulos redondeados. En varias escavacións, nos anos 70, atopáronse restos de cerámica, lousas e muíños de man.
Moi preto do castro hai unha fonte e unha praia protexida. Nas illas Gabeiras, situadas fronte ao castro, téñense atopado restos de cerámica. O actual castro está abandonado, sobre el construíuse un faro e acceso para vehículos, tamén houbo un posto de vixilancia do exército agora en ruínas.
No mapa da Coruña de Francisco Coello, de 1865, a península na que está o castro recibe o nome de Punta Gabeiras ou de Levadizo.
Mitos e lendas
[editar | editar a fonte]No libro Laia, a nena da Illa[1], de Ánxela Loureiro, fálase deste castro e dos seus poboadores. A protagonista da obra, unha rapaza chamada Laia, vive diversas aventuras en relación co castro, os seus habitantes e mesmo as tropas romanas. Conta unha lenda, tamén relatada no libro, que nas proximidades do castro (e non no seu interior, como é habitual) foron atopadas, por un labrego de Valón, alfaias clasificadas por especialistas como xoias castrexas.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |