IB Sat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

IBSat foi unha das canles que emitía o Ens Públic de Radiotelevisió de les Illes Balears para a súa emisión en Europa. Esta canle tiña como obxectivo achegar a televisión e a cultura balear ao resto do continente. A súa programación baseábase principalmente en contidos de produción propia das canles de IB3 Televisió. As súas emisións comezaron en outubro de 2008 e en novembro de 2012 clausuráronse para aforrar os 400.000 € que lle custaba ao Goberno das Illas Baleares mantelo en emisión.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]