Río Tinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tinto
Puente Romano sobre el río Tinto. Niebla, Huelva.jpeg
Ponte romana sobre o Tinto en Niebla
País España
Rexión n/d
Nacemento Serra de Padre Caro
Altitude n/d
Lonxitude 98 km
Caudal medio
Conca 793 km2
Desembocadura Océano Atlántico

O Tinto é un pequeno río andaluz de España pertencente á vertente atlántica da Península Ibérica. A súa lonxitude é de aproximadamente 98 quilómetros.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Circunscrito á provincia de Huelva, nace na Serra do Padre Caro, un dos cordais da Serra Morena, a 420 metros de altura, cerca de Nerva. Logo de atravesar as comarcas mineiras da provincia, desemboca entre a cidade de Huelva, na beira dereita, e Palos de la Frontera, na esquerda, onde se lle une o río Odiel, que vén pola dereita, conformando entre ambos os dous a denominada Ría de Huelva. Próximo ao seu nacemento se sitúa o maior xacemento mineiro a ceo aberto de Europa, Corta Atalaya, que se vén explotando desde época romana.

Afluentes[editar | editar a fonte]

O afluente máis importante do Tinto é o río Nicoba, que se lle une pola man dereita, no tramo inferior do curso, que baña a poboación de Valverde del Camino. Entre os tributarios menores do Tinto pódense citar: Jarrama, Domingo Rubio, Corumbel, Casa de Valverde e Candón.

Localidades ás beiras[editar | editar a fonte]

Desde o nacemento á foz, localízanse ás beiras do Tinto as seguintes poboacións de certa importancia: Minas de Río Tinto, Nerva, Niebla, San Juan del Puerto, Moguer, Huelva e Palos de la Frontera. Cerca desta localidade érguese o famoso mosteiro de La Rábida, xunto co inmediatamente anterior, un dos lugares emblemáticos na vida de Cristovo Colón.

O área da conca do Tinto atinxe 793 km2.

Particularidades hídricas[editar | editar a fonte]

As súas augas vermellas (que xustifican o nome de tinto) caracterízanse por un pH de 2.2 [Cómpre referencia], que evidencia unha elevada acidez, o que unido ao alto contido en metais e á escaseza de osíxeno, indican un medio nada favorábel para o desenvolvemento da vida. Porén, tense descuberto que desde antes da aparición do ser humano, nas súas augas especiais vivían microorganismos que se alimentaban tan só de minerais, adaptándose a condicións tan extremas. Por iso a NASA elixiu o río como un hábitat a investigar polas posíbeis similitudes co ambiente do planeta Marte.

Galería[editar | editar a fonte]