Río Guadiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Guadiana")
Río Guadiana
Castelo mertola guadiana.jpg
O Guadiana ó seu paso por Mértola (Portugal)
País España España e Portugal Portugal
Rexión n/d
Nacemento Fuente del Ojuelo, Albacete
Altitude 608 msnm
Lonxitude 744 km
Caudal medio 70 m³/s
Conca 67.733 km²
Desembocadura Océano Atlántico

O río Guadiana (español Guadiana; portugués Guadiana e Odiana) é un dos ríos máis importantes da Península Ibérica. O seu nome procede do árabe wadi e do latín Anas, este tomado dalgunha das linguas prelatinas do sur peninsular. Durante o período de dominación romana o río facía de fronteira natural entre as provincias da Bética e da Lusitania e é citado polo cronista Plinio o Vello na súa obra Historia Natural. Actualmente , o seu curso baixo divide España e Portugal, desembocando entre Ayamonte (Huelva) e Vila Real de Santo Antonio (Portugal).

Situación xeográfica[editar | editar a fonte]

Río Guadiana

Nace en Fuente del Ojuelo (Viveros, Albacete), no tramo do río Pinilla, ata as Lagoas de Ruidera (folla cartográfica: 788), que forman o chamado Guadiana Vello ou Guadiana Alto. A seguir, atravesa terreos moi permeables, polo que chega a desaparecer e reaparecer nuns pequenos mananciais chamados Ollos do Guadiana, en Villarubia de los Ojos (Ciudad Real), no tramo denominado Guadiana medio. En realidade, a causa da sobrexplotación do río e dos afluentes, podemos afirmar que volve nacer unha vez pasado os Ollos do Guadiana. Finalmente, percorre a provincia de Ciudad Real e as comunidades de Estremadura e Andalucía (Guadiana propiamente dito), para desembocar no Océano Atlántico por Ayamonte (Huelva) (folla cartográfica: 998).

Afluentes[editar | editar a fonte]

Ó longo dos seus 744 km de curso recibe auga dos seguintes afluentes:

Réxime[editar | editar a fonte]

Canto ó seu réxime fluvial, o Guadiana é de caudal escaso, uns 70 m3/s en Ayamonte, cun máximo en inverno, coincidindo co período de máis choivas. Inmediatamente despois de entrar en Portugal, construíuse o embalse de Alqueva.

En novembro de 1997 produciuse unha grande inundación, con desbordamentos na provincia de Badaxoz e numerosas perdas humanas e materiais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]