Atópase situada a unha altitude de 7 metros e a 21 quilómetros da capital de provincia, Huelva. Hoxe Punta Umbría presenta unha fisionomía moi distinta da que viron os ingleses, de cuxa presenza quedou a singular arquitectura das casas de madeira nas que pasaban o verán e as cales aínda se coñecen como "casas dos ingleses". Un dos atractivos turísticos da cidade é precisamente unha casa museo[1] onde se recrea o modo de vida dos británicos nesta zona de Andalucía a finais do século XIX e principios do século XX.