Saltar ao contido

Homínidos

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hominidae»)

Homínidos
Hominidae
John Edward Gray 1825 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Subdivisións
 Sinonimia
  • Pongidae Elliot, 1913
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePrimates
SubordeHaplorrhini
InfraordeSimiiformes
ParvordeCatarrhini
SuperfamiliaHominoidea
FamiliaHominidae
Datas
 Data de comezo
hai 15 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/03pzx Editar o valor en Wikidata
MeSHD015186 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779987252 Editar o valor en Wikidata
ITIS180090 Editar o valor en Wikidata
OTT770311 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
Diferenzas entre pares de bases de ADN dos homínidos

Os homínidos son os membros da familia taxonómica Hominidae (os "grandes simios"). Das especies actualmente presentes inclúe a:

Esta clasificación ten sido revisada varias veces nas últimas décadas, o que levou a un uso variado da palabra "homínido"[1]. O significado orixinal de Hominidae referíase tan só ao significado moderno de Hominina: os "humanos ou especies máis achegadas ca os chimpancés". O significado do termo cambiou gradualmente, ata o significado moderno de "homínido", que inclúe a tódolos grandes simios.

Un amplo número de xéneros extintos están clasificados a canda os humanos na subfamilia Homininae, mentres que outros cos orangutáns na subfamilia Ponginae. O antecesor máis recente dos Hominidae viviu hai 14 millóns de anos[2], cando os orangutáns se especiaron dos antecesores dos outros tres xéneros[3] Os devanceiros da familia Hominidae xa se tiñan especiado a partir da familia de Hylobatidae, seguramente arredor de hai 15-20 millóns de anos atrás[3][4].

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Historia da taxonomía

[editar | editar a fonte]

A clasificación dos grandes simios foi revisada e esbozada de novo varias veces nas últimas décadas. Esas revisións derivaron no uso da palabra "homínido" con diferentes significados. O termo orixinal "Hominidade" referíase só aos actualmente clasificados como Hominini, que son só os humanos e os seus máis achegados antecesores. O significado deste taxon cambiouse ata chegar a ser o termo que abrangue a todos os grandes simios e humanos.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Especies actuais

[editar | editar a fonte]

Das especies actualmente existentes, a clasificación aceptada é a clasificación das sete especies vivas en catro xéneros:

Ademais das actualmente presentes, hai restos fósiles de numerosas especies. Abaixo móstrase a taxonomía destas[5]

Familia Hominidae

  1. White, Tim D; Asfaw, Berhane; Beyene, Yonas; Haile-Selassie, Yohannes; Lovejoy, C. Owen; Suwa, Gen & WoldeGabriel, Giday (2009). "Ardipithecus ramidus and the Paleobiology of Early Hominids". Science 326 (5949): 64–86. PMID 19810190. doi:10.1126/science.1175802. 
  2. Andrew Hill & Steven Ward (1988). "Origin of the Hominidae: The Record of African Large Hominoid Evolution Between 14 My and 4 My". Yearbook of Physical Anthropology 31 (59): 49–83. doi:10.1002/ajpa.1330310505. 
  3. 3,0 3,1 Dawkins R (2004) The Ancestor's Tale.
  4. "Query: Hominidae/Hylobatidae". Time Tree. 2009. Consultado o decembro de 2010. 
  5. Haaramo, Mikko (2005-01-14). "Hominoidea". Mikko's Phylogeny Archive. 
  6. Haaramo, Mikko (2004-02-04). "Pongidae". Mikko's Phylogeny Archive. 
  7. Haaramo, Mikko. "Hominoidea". Mikko's Phylogeny Archive. 
  8. Haaramo, Mikko. "Hominidae". Mikko's Phylogeny Archive. 
  9. "Paleodb". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 10 de setembro de 2013.