Homes da cova dos cervos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Homes da cova dos cervos
Rango fósil: Plistoceno tardío
Longlin 1, caveira parcial
Longlin 1, caveira parcial
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Tribo: Hominini
Xénero: 'Homo'
Especie: Sen determinar

Os Homes da cova dos cervos son a poboación prehistórica máis recente que non se asemella aos humanos modernos. Os fósiles datan de entre os 14.500 e os 11.500 anos de antigüídade e foron atopados na Cova dos Cervos na China. Teñen unha mestura de características arcaicas e modernas e valóranse actualmente como unha especie separada dos humanos que se extinguiu sen ter contribuído ao pool xenético dos humanos modernos[1].

Os restos indican que cociñaban cervos grandes na Cova dos Cervos, e que é o que lle dá a estes o nome.

Status de especie propia[editar | editar a fonte]

Aínda que as características físicas da xente da Cova dos Cervos mostra que poderían ser unha especie prehistórica humana non descuberta, os científicos que realizaron a descuberta e análise dos restos reparan en clasificalos como unha especie separada. Tense proposto que poderían ser o resultado da hibridación ende os homínidos de Denisova e humanos modernos. Porén, outros científicos suxiren que as diferenzas físicas observadas son simplemente froito da diversidade que se espera nas poboacións humanas. Os intentos de extracción de ADN dos restos foi infrutífera, e só isto podería elucidar se dúbida a relación cos humanos modernos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]Scientists stumped by prehistoric human whose face doesn't fit. (en inglés). Brisbane Times. 2012.