Saltar ao contido

Hylobatidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hylobatidae
Hylobatidae
John Edward Gray 1871 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Ciclo diurno
 Medio de locomoción
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePrimates
SuperfamiliaHominoidea
FamiliaHylobatidae
Datas
 Data de comezo
hai 8 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Masa8,5 kg Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0qjt6 Editar o valor en Wikidata
MeSHD016674 Editar o valor en Wikidata
ITIS572775 Editar o valor en Wikidata
OTT166544 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Os xibóns son Hominoideos da familia Hylobatidae. Historicamente a familia tense clasificado nun só xénero mais agora está clasificada en catro xéneros. Os xibóns habitan trópicos e rexións subtropicais de Sumatra, Borneo e Xava.

Téñense denominado simios menores. Distínguense dos grandes simios (chimpancés, gorilas, orangutáns, bonobos e humanos) en ser máis pequenos, mostrar menor dimorfismo sexual, en non facer niños e en ter características anatómicas que os asemellan máis aos monos ca aos grandes simios. Igual ca outros simios, non teñen rabo.

Os xibóns teñen unha alta capacidade locomotora, de bracear de póla a póla a longas distancias e a altas velocidades (mesmo ata acadar saltos de 15 metros a velocidade de 55 km/h). Chegan a facer saltos de ata 8 metros. Son quen de andar bipedalmente coas súas mans levantadas para manter o equilibrio. Ao contrario que outros Hominoidea, teñen parellas estables.

Dependendo da especie e do seu sexo, a pel dos xibóns cambia de negra, pasa por roxa e chega a un amarelo claro ou branco. É infrecuente ver un xibón totalmente branco de pel.

Historia evolutiva

[editar | editar a fonte]

A data da aparición evolutiva dos xéneros é complexa de elucidar[1] A mellor estimación actual pon a Nomascus diverxendo dos outros tres xéneros hai 7 millóns de anos. A nivel de especie, Hylobates pileatus diverxeu de H. lar e H. agilis hai 3.9 millóns de anos, e H. lar e H. agilis separáronse hai 3.3 millóns de anos. Os extintos Bunopithecus sericus foron xibóns ou primates semellantes a xibóns que, até hai nada, se pensaba que estaban máis relacionados cos xibóns hoolock.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A familia está dividida en catro xéneros baseándose no estudo do seu número de cromosomas diploides: Hylobates (44), Hoolock (38), Nomascus (52) e Symphalangus (50).[2][3]

  • Familia Hylobatidae: xibóns[4][5]
    • Xénero Hylobates
      • H. lar
        • H. l. lar
        • H. l. carpenteri
        • H. l. entelloides
        • H. l. vestitus
        • H. l. yunnanensis
      • H. albibarbis
      • H. agilis
      • H. muelleri
        • H. m. muelleri
        • H. m. abbotti
        • H. m. funereus
      • H. moloch
        • H. m. moloch
        • H. m. pongoalsoni
      • H. pileatus
      • H. klossii
    • Xénero xibón Hoolock
      • Hoolock hoolock
      • Hoolock leuconedys
    • Xénero Symphalangus
      • S. syndactylus
    • Xénero Nomascus
      • N. annamensis
      • N. concolor
        • N. c. concolor
        • N. c. lu
        • N. c. jingdongensis
        • N. c. furvogaster
      • N. nasutus
      • N. hainanus
      • N. leucogenys
      • N. siki
      • N. gabriellae
  1. Matsudaira K, Ishida T (2010) Phylogenetic relationships and divergence dates of the whole mitochondrial genome sequences among three gibbon genera. Mol. Phylogenet. Evol.
  2. 1 2 Mootnick, A.; Groves, C. P. (2005). "A new generic name for the hoolock gibbon (Hylobatidae)". International Journal of Primatology 26 (26): 971–976. doi:10.1007/s10764-005-5332-4.
  3. Geissmann, Thomas (decembro de 1995). "Gibbon systematics and species identification" (PDF). International Zoo News 42: 467–501. Consultado o 2008-08-15.
  4. Wilson, Don; Reeder, DeeAnn, eds (2005). Mammal Species of the World (3ª edición). Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2 vols. (2142 pp.). ISBN 978-0-8018-8221-0.
  5. Thomas Geissmann. "Gibbon Systematics and Species Identification". Ch.3: "Adopting a Systematic Framework" Consultado o 5 de abril de 2011.