Saltar ao contido

Paranthropus boisei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Paranthropus boisei
Paranthropus boisei
Louis Leakey 1959 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
P. boisei Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePrimates
FamiliaHominidae
XéneroParanthropus
EspecieParanthropus boisei Editar o valor en Wikidata
L. S. B. Leakey, 1959 Paranthropus boisei Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 2.300.000 anos Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
hai 1.400.000 anos Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/06rppr Editar o valor en Wikidata
OTT3607689 Editar o valor en Wikidata
EOL4454137 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Paranthropus boisei (anteriormente tamén coñecido como Australopithecus boisei) foi unha especie homínida que habitou en África oriental entre hai 2,3 e 1,2 millóns de anos.

Os primeiro fósil, un cranio coñecido como OH5, descubriuno Mary Leakey na garganta de Olduvai en 1959 e Louis Leakey deulle o nome de Zinjanthropus boisei.

A colección de fósiles máis ampla recolleuse arredor do Lago Turkana polo equipo de Richard Leakey, destacando KNR ER 406, un cranio dun individuo masculino e adulto. O fósil KGA 10-525 procedente do sitio peleontolóxico de Konso (Etiopía) atopado en 1993 constitúe o único cranio con mandíbula que se atopou desta especie, pero ademais polo medio no que foi atopado dedúcese que o hábitat era de sabana.

Características

[editar | editar a fonte]

O seu cerebro tiña unha capacidade de 530 cc, a altura media era de 1,4 m, cun peso de entre 40 e 80 kg. Tiña grandes premolares e era unha especie especializada, cunha alimentación baseada en vexetais duros, de baixo valor nutritivo. A especie tiña un marcado dimorfismo sexual. Era semellante ao Paranthropus robustus, pero máis robusto e corpulento ca el.