Saltar ao contido

Homo cepranensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Homo cepranensis
Homo cepranensis
Italo Biddittu 1994 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
H. cepranensis Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 800.000 anos Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
hai 350.000 anos Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePrimates
FamiliaHominidae
TriboHominini
XéneroHomo
EspecieHomo cepranensis Editar o valor en Wikidata
Italo Biddittu, 1994 Homo cepranensis Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/06rpmt Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Homo cepranensis é o nome proposto para unha especie humana para a que só se coñece un córtex cranial descuberto no 1994[1]. O fósil descubriuno o arqueólogo Italo Biddittu e este deulle o alcume de home de Ceprano, en referencia á vila máis próxima ao sitio arqueolóxico, que está na Provincia de Frosinone[2].

A idade do fósil estímase que está entre os 350,000 e os 500,000 anos de antigüidade[3]. Un sitio adxacente, Fontana Ranuccio, datouse con 487,000 ± 6000 anos e Muttoni et al. suxeriron que Ceprano é probablemente de 450,000 anos de antigüidade.

As características faciais do óso semellan ser intermedias entre as atopadas para Homo erectus e especies máis posteriores como Homo heidelbergensis, que dominaría Europa moito antes de Homo neanderthalensis. Suxeriuse que H. cepranensis é un devanceiro de Homo neanderthalensis[4], mais non hai suficientes restos e material como para completar a análise dese individuo.

  1. Malegni et al. "Homo cepranensis sp. nov. and the evolution of African-European Middle Pleistocene hominids". Comptes rendus de l'Académie des sciences. Vol 2, páx 153-159. 2003.
  2. Manzi et al.'. "A cranium for the earliest Europeans: Phylogenetic position of the hominid from Ceprano, Italy". Proceedings of the National Academy of Sciences. páx Vol 98. 10001-10016. 2001.
  3. Muttoni G et al. "Pleistocene magnetochronology of early hominin sites at Ceprano and Fontana Ranuccio, Italy". Earth Planet. Sci. Lett. vol. 286, páx 255. 2009
  4. Arquivado 12 de decembro de 2013 en Wayback Machine. Mounier et al. The Stem Species of Our Species: A Place for the Archaic Human Cranium from Ceprano, Italy. PLOS. 2010