Gorilla gorilla diehli
| Gorilla gorilla diehli | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Gorilla gorilla diehli Paul Matschie 1904 | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Taxonomía | |||||||||||||||||||||
|
Combinación orixinal
| |||||||||||||||||||||
| Conservación | |||||||||||||||||||||
Especie en perigo crítico | |||||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||
O Gorilla gorilla diehli é unha das dúas subespecies do Gorilla gorilla. Esta subespecie atópase nunha pequena área de Nixeria e o Camerún, tanto en selva tropical como subtropical, que é tamén hábitat do chimpancé de Nixeria-Camerún.
Estímase que só quedan de 250 a 300 Gorilla gorilla diehli e é o simio máis ameazado de África. As súas poboacións están concentradas en aproximadamente 9 ou 11 localizacións separadas por terras de labradío. Aínda así, diversos estudos xenéticos elaborados no 2007[1] suxiren que estas localizacións están conectadas pola ocasional migración de individuos. Porén, a poboación que máis preto se atopa do Gorilla gorilla gorilla está a 250 km de distancia.
As súas principais ameazas son a perda do seu hábitat e o descenso do substrato alimenticio de arbustos. Son animais normalmente tímidos que foxen ó menor indicio de presenza humana.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Gorilla gorilla diehli.
- Nenos igbo a carón dun Gorilla gorilla diehli morto, 1906.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bergl, R. A. (2007). Genetic analysis reveals population structure and recent migration within the highly fragmented range of the Cross River gorilla (Gorilla gorilla diehli). Molecular Ecology. pp. 501–516.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gorilla gorilla diehli |
