Saltar ao contido

Orangután de Sumatra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orangután de Sumatra
Pongo abelii
René Primevère Lesson 1827 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
P. abelii Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie en perigo crítico
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePrimates
FamiliaHominidae
TriboPongini
XéneroPongo
EspeciePongo abelii Editar o valor en Wikidata
Lesson, 1827 Pongo abelii Editar o valor en Wikidata
Localización
 Endémico en
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/08tvqv Editar o valor en Wikidata
MeSHD057080 Editar o valor en Wikidata
ITIS944294 Editar o valor en Wikidata
OTT770295 Editar o valor en Wikidata
UICN121097935 Editar o valor en Wikidata
CoL4LTSY Editar o valor en Wikidata
EOL2925671 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 URL de xenoma secuenciado
Wikidata G:Commons C:Commons

O orangután de Sumatra (Pongo abelii) é unha especie de orangután que xunto co orangután de Borneo e o orangután de Tapanuli conforma o único xénero de grandes simios de Asia.

Conservación

[editar | editar a fonte]
Orangután de Sumatra en Bukit Lawang.

O orangután de Sumatra é un endemismo da illa de Sumatra e o seu hábitat atópase actualmente restrinxido na parte norte da illa. En liberdade, os orangutáns de Sumatra sobreviven na provincia de Aceh, a máis setentrional de Sumatra.[1] No pasado, os orangutáns estaban moito máis espallados que na actualidade, e no século XIX aínda se podían atopar nas provincias de Jambi e Padang.[2] Tamén hai pequenas poboacións na provincia de Sumatra do Norte, particularmente nos bosques da beira do lago Toba. Un estudo realizado na rexión do lago Toba amosou que só hai dúas áreas con poboacións de orangután. Unha delas é Bukit Lawang, que está considerado un santuario de animais, e a outra é o Parque Nacional Gunung Leuser[3]

A especie está considerada en perigo crítico de extinción na Lista Vermella da IUCN dende o ano 2000, e tamén se atopa entre os 25 primates máis ameazados do mundo.[4]

Un estudo de 2004 ofrece unha estimación duns 7.300 orangutáns que aínda viven en liberdade. Parte deles viven protexidos en cinco áreas do Parque Nacional Gunung Leuser, mentres que outros viven en áreas non protexidas como no noroeste e nordeste da provincia de Aceh, na beira oeste do río Batang Toru, no leste de Sarulla e Sidiangkat. Por outra banda, no Parque Nacional Bukit Tiga Puluh púxose en funcionamento un programa de cría que está a ter moito éxito.

A principal razón pola que o orangután de Sumatra se atopa en perigo de extinción é porque as compañías de aceite de palma destrúen a selva na que vive.

  1. Singleton, I., S. Wich, S. Husson, S. Stephens, S. Utami Atmoko, M. Leighton, N. Rosen, K. Traylor-Holzer, R. Lacy, O. Byers (2004). Orangutan Population and Habitat Viability Assessment. Orangutan Population and Habitat Viability Assessment: IUCN.
  2. Rijksen, H. D. (1978). "A Field Study on Sumatran Orang utans (Pongo pygmaeus abelli, Lesson 1827)". Ecology, Behavior and Conservation.
  3. S. A. Wich; I. Singleton; S. S. Utami-Atmoko; M. L. Geurts; H. D. Rijksen; e C. P. van Schaik (2003). "The status of the Sumatran orang-utan Pongo abelii: an update". Flora & Fauna International. 1 37: 49. doi:10.1017/S0030605303000115.
  4. Mittermeier, R.A.; Wallis, J.; Rylands, A.B.; Supriatna, E.A.; Ganzhorn, J.U.; Oates, J.F.; Palacios, E.; Heymann, E.W. e Kierulff, M.C.M. (2009). "Primates in Peril: The World's 25 Most Endangered Primates 2008–2010" (PDF). IUCN/SSC Primate Specialist Group (PSG), International Primatological Society (IPS), and Conservation International (CI): 1–92. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de xullo de 2011. Consultado o 22 de xullo de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]