Saltar ao contido

Homo rudolfensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Homo rudolfensis
Homo rudolfensis
Valery Aleksyev (en) Traducir 1986 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
H. rudolfensis Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePrimates
FamiliaHominidae
XéneroHomo
EspecieH. rudolfensis
Datas
 Data de comezo
hai 2.400.000 anos Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
hai 1.900.000 anos Editar o valor en Wikidata
 Período
Identificadores
Freebase/m/01s6dc Editar o valor en Wikidata
OTT3607673 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Homo rudolfensis é unha especie fósil do xénero Homo descuberta por Bernard Ngeneo, membro do equipo dirixido por Richard Leakey e Meave Leakey en 1972 en Koobi Fora na beira leste do Lago Turkana, Kenya; o nome científico propúxoo en 1986 V. P. Alexeev.

O KNM ER 1470 coñecido tamén como cranio 1470 é un cranio fósil dun homínido, de corpo voluminoso e robusto e molares de gran tamaño e unha capacidade cranial de 752 cm³, aínda que unha reconstrución realizada en marzo de 2007 polo equipo dirixido por Timothy Bromage reduciu esa capacidade e 526. Atopouno Richard Leakey na beira leste do lago Turkana en agosto de 1972. Moi moderno en aparencia déuselle ao primeiro unha antigüidade de 3 millóns de anos e incluíuse na especie Homo habilis, o que os creacionistas utilizaron para tentar desacreditar a teoría da evolución, pero medicións posteriores déronlle unha idade inferior a 2 millóns de anos. Posteriormente incluíuse na especie Homo rudolfensis, contemporáneo en todo caso do Homo habilis, diferenciándose deste por unha cara máis plana e ampla, uns dentes poscaninos máis amplos e unhas raíces e coroas máis complexas e esmalte máis groso.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.