Orangután de Borneo
| Orangután de Borneo | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Pongo pygmaeus Carl von Linné 1760 | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Características | |||||||||||||||||
|
Fonte de alimentación
| |||||||||||||||||
| Conservación | |||||||||||||||||
Especie en perigo crítico | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||||||||
|
Combinación orixinal
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
|
Subdivisións
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||
O orangután de Borneo (Pongo pygmaeus) é unha especie de orangután nativa da illa de Borneo. Á súa vez, o orangután de Borneo está dividido en tres subespecies: o orangután de Borneo do noroeste (Pongo pygmaeus pygmaeus), o orangután de Borneo do nordeste (Pongo pygmaeus morio) e o orangután de Borneo meridional (Pongo pygmaeus wurmbii). Xunto co orangután de Sumatra e o orangután de Tapanuli, conforma o único xénero de grandes simios de Asia. Esta especie é a máis numerosa, cuns 45 000 individuos vivindo en estado salvaxe, en contraposición cos 7500 que se estiman de orangután de Sumatra e os 800 do orangután de Tapanuli.
Ao igual que os demais grandes simios, os orangutáns teñen unha intelixencia moi desenvolvida, sendo quen de empregar ferramentas e amosar patróns culturais en liberdade. Ademais diso, os orangutáns comparten aproximadamente o 97% do seu ADN cos humanos.[1]
O orangután de Borneo é unha especie en perigo de extinción e as maiores ameazas para a súa supervivencia son a deforestación do seu hábitat, a caza e o tráfico ilegal dos seus individuos no mercado negro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Orangutan Foundation International. "Orangutan Facts". Consultado o 16 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Orangután de Borneo |
